A xanela. Falando, abrimos unha ventá ao mundo. Documental sobre o galego ante os ollos e oídos dunha rapaza rusa

Daria Shornikova, unha rapaza rusa que pasou parte do verán de 2009 en Compostela aprendendo galego, acaba de publicar na rede o documental "A xanela", o seu filme-impresión, un calidoscopio das historias, palabras e sentimentos que atopou aquí e que agora dá a coñecer para dicir que "falando, abrimos unha ventá ao novo mundo"

Daria Shornikova, unha rapaza rusa de 20 anos, chegou a Compostela no verán de 2009 para participar nos cursos de galego para persoas estranxeiras organizados pola Real Academia Galega (RAG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG). Viu que o tema da lingua era un tema vivo, polo que decidiu saír polas rúas para falar coa xente. Agora acaba de publicar A xanela, un documental na rede que é, segundo ela, un álbum de imaxes das persoas que foi coñecendo, unha colección das cousas que lle explicaron sobre lingua e o seu recordo de Galiza e do galego. Un filme-impresión, un filme-lexicón, un calidoscopio das historias, palabras e sentimentos que atopou en aquí.

Falan as galegas, os galegos, e as/os amantes de Galiza e da súa lingua. Os nenos, os estudantes, os profesores. Os músicos, os escritores, os mariñeiros, os peregrinos, os cociñeiros, os investigadores. Os do mar, os do bar, os da tenda, os do goberno, os da radio, os da rúa, os da praza, os da festa.

Daria ofrécenos en pouco máis de 60 minutos, a través da súa Xanela, unha visión sobre a lingua galega limpa de prexuízos, creada escoitando a xente que a usa e que debe servir para aumentar a nosa autoestima.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio