A VII Xornada de Onomástica Galega abordará os nomes na literatura

A Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, organiza o 15 de outubro a VII Xornada de Onomástica Galega, nesta edición dedicada á onomástica literaria. A inscrición debe facerse antes do 12 de outubro.

O programa desta VII Xornada de Onomástica Galega incidirá no estudo da función e da significación dos nomes propios na literatura, un campo pouco explorado no ámbito galego.

INSCRICIÓNS

A inscrición na xornada é gratuíta. Para asistir é necesario formalizala enviando un correo electrónico antes do 12 de outubro a publicacions@academia.gal onde figuren os seguintes datos:

– Nome e apelidos

– DNI

– Teléfono

Ao final da xornada entregarase un diploma de asistencia.

PROGRAMA

SESIÓN DE MAÑÁ

10:00 h: inauguración

10:30 h: A onomástica na obra de Rosalía de Castro: algúns principios e perfís, Anxo Angueira (Universidade de Vigo, Fundación Rosalía de Castro)

11:00 h: Seguirán falando os nomes a voces. Toponimia e ecopoesía na literatura galega, M.ª Xesús Nogueira Pereira (Universidade de Santiago de Compostela)

11:30 h: Nomes artúricos en Galicia, Antón Palacio (Real Academia Galega, Universidade de Vigo)

12:00 h: debate

12:30 h: descanso

13:00 h: A onomástica como recurso da crítica textual. O caso da poesía trobadoresca galego-portuguesa, Bieito Arias Freixedo (Universidade de Vigo)

13:30 h: O misterio do nome: etimoloxía e alegoría nas lendas de Troia, Helena de Carlos Villamarín (Universidade de Santiago de Compostela)

14:00 h: debate

14:30 h: pausa para o xantar

SESIÓN DE TARDE

16:30 h: A literatura no mapa: a onomástica como identidade, intervención didáctica, Marga do Val (Instituto Rosalía de Castro, Santiago de Compostela)

17:00 h: A elección dos nomes dos personaxes na narrativa galega, mesa redonda

Modera: Marilar Aleixandre

Participan:

Berta Dávila

Marcos Calveiro

Fina Casalderrey

18:00 h: debate

18:30 h: Cántico dos topónimos esdrúxulos, acto poético e musical, Xosé María Álvarez Cáccamo

19:00: clausura

As sesións desenvolveranse no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa de P. Amoedo Carballo, 3, Pontevedra) e os relatorios tamén serán emitidos en directo a través de academia.gal

Máis información aquí.

Programa en .pdf

A Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra coorganizan dende 2016 as xornadas anuais do Seminario de Onomástica da RAG, que estiveron dedicadas en edicións anteriores á microtoponimia, aos nomes e apelidos, aos alcumes, aos nomes das rúas, aos nomes comerciais e á onomástica do Camiño de Santiago.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio