O programa desta V Xornada de Onomástica Galega prestará atención aos nomes comerciais, que identifican todo tipo de produtos, bares, restaurantes e tendas, e deixan unha importante pegada na paisaxe lingüística, ata o momento pouco estudada entre os especialistas nos nomes propios da Península Ibérica.
PROGRAMA
9:45 h: inauguración
Primeira sesión
10:00-10:15 h: A denominación da disciplina, Antón Santamarina (Real Academia Galega)
10:15-11:00 h: O que vale un nome. Sobre marcas, empresas e dominios en Internet, Benigno Fernández Salgado (Universidade de Vigo)
Segunda sesión
11:00-14:30 h: Marcas galegas: tendencias e representacións, presenta Antón Palacio
– Deleite, Bico de Xeado… Os recursos lingüísticos ao servizo das marcas comerciais, María Álvarez de la Granja (Universidade de Santiago de Compostela)
– As marcas e a súa relación coa paisaxe lingüística: a rotulación de Redondela, Sara Míguez (docente de ensino medio)
12:00-12:30 h Pausa
– As cabeceiras dos xornais galegos: unha viaxe pola historia, Víctor F. Freixanes (Real Academia Galega)
– A etiqueta que viste o viño. Achega ao nome das adegas, viños e licores da D.O. Ribeiro, Raquel Rodríguez Parada (IES Indalecio Pérez Tizón, Tui)
Terceira sesión
16:15-17:00 h: Nomes de bares e restaurantes: experiencia didáctica en Coia, Celtia Rei Brandón (IES Alexandre Bóveda, Vigo)
Cuarta sesión
Vender nomes propios. Mercado, marca, lingua, mesa redonda, modera Gonzalo Navaza
– Elena Ferro, Zoqueira (Vila de Cruces)
EFerro vende algo máis ca zocos. Vende tradición, orgullo de país e futuro con raíces.
– Xosé González Martínez (Vigo)
Fundador do Foro Enrique Peinador de empresas pola normalización da lingua e impulsor da campaña de etiquetaxe en galego “Con acento propio”
– Irene García e Raquel Boo (Santiago de Compostela)
Ekinocio. Estudio de deseño e comunicación
O nome galego como activo das iniciativas empresariais e culturais.
19:30: clausura
As sesións desenvolveranse no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Os relatorios serán emitidos en directo na canle de Youtube da RAG e será posible a inscrición para participar de maneira telemática a través de Zoom.
RECOÑECEMENTO COMO ACTIVIDADE FORMATIVA PARA O PROFESORADO
A xornada está en proceso de obter o recoñecemento da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como actividade de formación permanente do profesorado. Para formalizar a inscrición cómpre enviar un correo electrónico antes do 1 de novembro a publicacions@academia.gal en que figuren os seguintes datos:
– Nome e apelidos
– DNI
– Enderezo postal completo
– Correo electrónico
– Teléfono
– Datos profesionais
Ao final das xornadas entregarase un diploma de asistencia.
Máis información aquí.
Programa en .pdf
A V Xornada de Onomástica Galega abordará os nomes comerciais
A Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, organiza o vindeiro 7 de novembro a V Xornada de Onomástica Galega, que estará dedicada aos nomes comerciais. Terá lugar en sesións de mañá e tarde no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, e os relatorios tamén serán emitidos en directo na canle de Youtube da RAG e será posible a inscrición para participar de maneira telemática a través de Zoom.