A UVigo modifica a convocatoria de dúas prazas de técnico/a de normalización lingüística

A Universidade de Vigo publicou no DOG do 24 de marzo de 2022 a modificación da resolución do 1 de decembro de 2021, pola que se convocaban dúas prazas de técnico/a de normalización lingüística (de acceso libre e por promoción interna). Os cambios afectan os requirimentos de titulación e a valoración da experiencia laboral.



Logo de que a CTNL interpuxera un recurso de reposición conta a convocatoria publicada no mes de decembro, a Universidade de Vigo modificou as bases en dous aspectos:

– Varían os requisitos de titulación que pasan a ser: estar en posesión do título de grao en estudos de galego e español, en lingua e literatura galegas, en galego-portugués ou licenciaturas equivalentes, ou calquera outro grao ou licenciatura, sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).

– Na fase de concurso do acceso libre valórase a experiencia laboral: a) na mesma categoría na Universidade de Vigo con 0,167 puntos por mes completo traballado; b) na mesma categoría noutras administracións públicas con 0,0557 puntos por mes completo traballado.

NOVO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes de 20 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta nova resolución no Boletín Oficial del Estado. Este anuncio publicouse no BOE do 16 de maio de 2022, polo que o novo prazo de inscrición estará aberto do 18 de maio ao 14 de xuño de 2022.

Quen xa presentase a súa solicitude de participación non debe volver presentala. Se non o fixo, deberá acreditar o nivel de lingua galega requirido. Quen desexe renunciar á solicitude, deberá formulalo por escrito e dentro deste prazo perante o reitor da Universidade de Vigo.

Modificación da convocatoria, en .pdf (DOG do 24 de marzo de 2022)

Anuncio da modificación da convocatoria e do novo prazo de inscrición, en .pdf (BOE do 16 de maio de 2022)

Pódese consultar o resto da información sobre esta convocatoria aquí.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio