Inclúe a obra, ademais, para facilitar o traballo de busca terminolóxica, catro índices de denominacións nos restantes idiomas.
Xunto con Xusto Rodríguez Río son autoras do vocabulario María Casas, Sonia Miguélez, Carolina Pena, Iria Pereira, Adriana Rubín, Sabela Sánchez, Xoana Vázquez e Isabel Vidal. Contouse tamén coa axuda de asesores/as puntuais, todos/as eles/as docentes da Universidade de Santiago.
A obra, ademais de distribuírse en papel, pode descargarse en formato .pdf a través do Andel de traballos terminográficos do SNL da USC.
Título: Vocabulario de Medicina
Autor: Xusto A. Rodríguez Río (Coordinador)
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC
Lugar e ano: Santiago de Compostela 2008
A USC publica un Vocabulario de Medicina galego-español-inglés-portugués
O SNL da USC acaba de publicar o Vocabulario de Medicina, coordinado por Xusto A. Rodríguez Río e con 5.393 entradas en galego coas súas correspondentes equivalencias en español, inglés, portugués e, de habelas, en latín, pertencentes a 13 materias médicas.