A USC comparte os seus criterios para unha linguaxe non sexista

O SNL da USC, en colaboración coa Oficina de Igualdade, publica unha guía de Criterios de linguaxe non sexista, que pretende ser un apoio no labor de redacción e creación textual para toda a comunidade universitaria. Ademais, está editada con licenza copyleft

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santigo de Compostela, en colaboración coa Oficina de Igualdade de Xénero, acaba de publicar unha guía de Criterios de linguaxe non sexista.

Esta guía pretende ser un apoio no labor de redacción e creación textual para toda a comunidade universitaria, en especial para as persoas nas que recae a responsabilidade de difundir información institucional. A súa utilización permitirá que os textos e os discursos emitidos pola USC teñan un estilo comprometido co non sexismo e asentado na cultura da igualdade.

A contribución de todos e de todas neste labor contribuirá a facer da Universidade de Santiago de Compostela un exemplo de compromiso cos valores de modernidade e de igualdade.

Esta guía está editada en copyleft, e pódese utilizar e adaptar noutros SNL, sempre que se recoñeza a autoría e non sexa para uso comercial.

A guía pode consultarse aquí >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio