A UdC convoca dúas prazas de técnico/a medio/a en normalización lingüística

A Universidade da Coruña fixo pública a convocatoria dun proceso selectivo, mediante concurso-oposición, para a provisión de dúas prazas de técnico/a de grao medio en normalización lingüística como persoal laboral fixo. O prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso está aberto até o 1 de marzo

No DOG do 9 de febreiro, a Universidade da Coruña publica a convocatoria de probas selectivas, polo sistema de promoción interna e quenda libre, para a provisión de dúas prazas de técnico/a de grao medio en normalización lingüística (grupo II) vacantes no cadro de persoal laboral.

Os procesos de selección de promoción interna e acceso libre realizaranse por separado e será, en primeiro lugar, o de promoción interna. De non cubrirse as vacantes mediante ese proceso, ofertaranse para seren cubertas por acceso libre.

REQUISITOS

-Estar en posesión do título de diplomado/a universitario/a, enxeñeiro/a técnico/a, arquitecto/a técnico/a ou equivalente

-Estar en posesión do Celga 5 ou equivalente

PRAZO DE SOLICITUDE

-Vinte días naturais a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria (publicada no DOG do 9 de febreiro de 2011)

PROCESO SELECTIVO

Oposición: 60 puntos

-Proba tipo test sobre o temario: até 20 puntos

-Suposto práctico: até 40 puntos

Concurso: 40 puntos

-Experiencia laboral: até 30 puntos (valorarase a razón de 0,625 puntos por mes na mesma categoría e grupo na UDC e 0,15 puntos por mes na mesma categoría e grupo noutras administracións)

-Formación: até 10 puntos

Convocatoria completa en .pdf (DOG do 9/2/2011) >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio