Convocado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Derito, nel poderá participar o alumnado matriculado no curso 2009-10 en calquera das titulacións oficiais que se imparten na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, así como doutores/as en Dereito cuxo posto de traballo ou desenvolvemento das súas funcións teña lugar na comunidade autónoma galega. Tamén investigadores predoutorais das tres universidades galegas.
Os traballos deberán ser inéditos e estar redactados en lingua galega.
O premio ten dúas modalidades:
- un premio de 600€ para o estudantado
- un premio de 900€ para os/as doutores/as en Dereito e investigadores predoutorais
O prazo de presentación remata o 15 de outubro de 2010. Pode consultar o texto completo da convocatoria nesta ligazón.
II Premios de investigación en lingua galega no ámbito económico-empresarial
O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coas comisións de normalización lingüística da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e mais a da Escola de Estudos Empresariais convocan dous premios de investigación en lingua para os tres colectivos universitarios.
O seu obxectivo fundamental é o de promoveren a investigación en lingua galega en temas de índole económica ou empresarial.
Categorías
- Profesorado. Os traballos deben ser orixinais (artigos, libros, capítulos de libros…) e versarán sobre calquera temática de índole económica ou empresarial. O prazo de presentación remata o 15 de outubro de 2010 e está dotado dun premio de 1500 €.
- Pas e alumnado. Os traballos deben ser inéditos e versarán sobre calquera temática de índole económica ou empresarial. O prazo de presentación remata o 15 de outubro de 2010 e está dotado dun premio de 1200 €, un áccesit de 600 € e outro de 300 €.