A transmisión da lingua a través do libro, a música, a narración oral ou a regueifa centran as actividades das Letras en Carballo

Cancións infantís co Tic Tac de Pablo Díaz, obradoiros de regueifas para nenos/as co Caruncho e Pinto D’Herbón, teatro con Cándido Pazó e Casahamlet, contacontos diarios, maratón de lectura, maxia, curso de animación á lectura e á escrita, actividades cos centros de ensino, exposición “Galicia, será a miña xeración quen te salve?”, etc. Iso, e moito máis, nas actividades das Letras en Carballo

As actividades arredor da data das Letras Galegas en Carballo centraranse na transmisión da lingua a través de diversos medios e ámbitos, como a música, a narración oral, a regueifa, o libro e a lectura, o teatro, a poesía, etc.

Para iso, a programación céntrase na Semana do Libro e a Lectura, que ten lugar do 9 ao 14 de maio, e en diversas actividades ao longo de todo o mes.

Algunhas das diversas accións que se desenvolven son as seguintes:

Galicia, será a miña xeración quen te salve?

Do 4 de maio ao 2 de xuño, no Pazo da Cultura

Exposición en homenaxe a Uxío Novoneyra con gravados de Manuel Facal acompañados por textos de autores/as da xeración de Novoneyra, como Pura Vázquez, Luz Pozo, Manuel María, Salvador García Bodaño, Bernardino Graña e Xosé Luís Méndez Ferrín.

Actividades cos centros de ensino

Do 10 ao 14 de maio, no Pazo da Cultura

Todas as mañás haberá diversas actividades nas que participarán todos os centros de ensino de Carballo: representacións de As formigas, de Casahamlet; obradoiros de regueifa con Pinto D’Herbón e Luís O Caruncho; obradoiros de escrita creativa con Isidro Novo; obradoiros de gráfica con Pablo Otero e Warren; obradoiros de dramatización con Queliña; obradoiros de maxia co mago Rafa; obradoiros das cores da música con Miradas de Caracol; obradoiros de oralidade “En galego, máis cerca”, con Alberto Barreiro; etc.

Curso de animación á lectura e á escrita para profesorado

Do 10 ao 14 de maio

Con obradoiros de literatura (María Canosa e Santiago Jaureguízar), de escrita creativa (Isidro Novo), ilustración (Miguel Vázquez) e expresión corporal (Nekane Fernández)

Contacontos diarios para nenos/as

Do 10 ao 14 de maio, no Pazo da Cultura

Todos os días, ás 18.30 h, contacontos con Fátima Fernández, Pablo Sánchez, Raquel Queizás e Miradas de Caracol

Concerto Tic Tac, de Pablo Díaz

13 de maio, ás 18.30 h, no Pazo da Cultura

Concerto-presentación do disco Tic Tac de música infantil

Historias tricolores ou de como aqueles animaliños proclamaron a República, de Cándido Pazó

14 de maio, no Pazo da Cultura

Espectáculo de narración escénica de Cándido Pazó

As letras en voces

17 de maio, todo o día, na Praza do Concello

Maratón de lectura e festa na rúa, con actuacións musicais, concurso de pintura, venda de libros, etc.

Acto músico-poético en homenaxe a Uxío Novoneyra

3 de xuño, no Pazo da Cultura

Con proxección dun documental sobre o autor e representación musical de diversos poemas de Novoneyra

Información completa sobre a Semana do Libro e a Lectura 2010 de Carballo >

Programa das Letras 2010 de Carballo >

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio