A SXPL presenta o I Certame de Cinema OUFF Escola

A SXPL vén de presentar o I Certame de Cinema OUFF Escola, que nace co obxectivo de impulsar o uso do galego nas novas tecnoloxías do sector audiovisual, no marco do Festival Internacional de Cine de Ourense. Este proxecto nace grazas á colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Concello de Ourense, o Consorcio do Festival Internacional de Cine de Ourense e a Axencia Audiovisual Galega, e pretende incorporar os traballos do alumnado á XIV edición do Festival de Cine de Ourense.

O certame conta con dúas categorías, unha destinada ao alumnado de centros de ensino públicos e privados de educación infantil e primaria e outra ao alumnado dos centros públicos e privados dos demais niveis de ensino non universitario. Haberá un profesor ou profesora responsable de cada proxecto, que consistirá na produción e gravación dunha curtametraxe. Os traballos gañadores proxectaranse na vindeira edición do Festival Internacional de Cine de Ourense, editaranse en DVD e distribuiranse en todos os centros de ensino e tamén a través da plataforma http://www.flocos.tv. Por cada categoría, establécense tres premios para os centros, de 600, 400 e 300 euros, respectivamente; así como un Premio Blanco Amor ao mellor guión, dotado con 300 euros.

Máis información nesta ligazón
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio