A segunda edición do Galeoke trae máis música para cantarmos en galego

Galiza é un país de artistas. Non hai sobremesa, romaría ou festa que non remate entonando algún dos grandes éxitos da nosa música. Que é o que faltaba? Facer diso un xogo, e para iso naceu o Galeoke, do que agora chega unha nova edición con novas cancións para cantarmos todas e todos

O Galeoke, o karaoke galego, presenta o seu segundo volume, con novas cancións. Este xogo ten o seu lugar tanto nos centros de ensino, empregado como apoio nas aulas de lingua ou música, como en reunións familiares na casa, en salas de concertos, nas festas do barrio ou da vila e un longuísimo etc.

As cancións que inclúe este volume II do Galeoke son:

-Radio Océano “Como o vento”

-Os Papaqueixos “O paraugas do José”

-Pilocha “O sancristán de Coimbra”

-Quempallou “En que terra me botaches”

-Heredeiros da Crus “Quero josar”

-Faltriqueira “Corpiño xeitoso” (Andrés do Barro)

-Blood Filloas “Superheroe”

-María Manuela “Manual do Señorito”

-Nova Galega de Danza “Xota de Ribeira de Piquín”

-Chouteira “O ghai ghai”

-Sés “Admirando a condición”

-Pepe Vaamonde Grupo “Ares de Montillón”

-Emilio Rúa “Todo está por vir”

-Vaamonde, Lamas & Romero “Foliada de San Pedro de Visma”

-Leilía “Danza das Cortellas”

-Susana Seivane “Muiñeira de Alén”

-Os Carunchos “Galicia”

-Davide Salvado “Todo o corpo”

-Fía na Roca “Fía na roca”

-Saraibas “Ai, galeguiños!”

-The Homens “Calamar”

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio