A Real Academia Galega convoca un concurso aberto para persoal técnico de sociolingüística. A contratación iniciarase o 2 de xaneiro e finalizará o 31 de decembro de 2020, mais é prorrogable por ata doce meses máis.
As persoas contratadas colaborarán nos proxectos que está a desenvolver o Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega.
REQUISITOS PARA O PRIMEIRO CONTRATO:
a) Licenciatura ou Grao en Filoloxía Galega, Filoloxía Galego-Portuguesa ou titulación equivalente.
b) Competencia demostrable en lingua galega oral e escrita.
REQUISITOS PARA O SEGUNDO CONTRATO:
a) Licenciatura ou Grao en Antropoloxía ou titulación equivalente.
b) Competencia demostrable en lingua galega oral e escrita.
MÉRITOS ESPECÍFICOS
a) Experiencia acreditada na realización de traballos relacionados coa sociolingüística galega.
b) Experiencia acreditada na recolla e codificación de datos sociolingüísticos en Galicia.
c) Publicacións relacionadas coa sociolingüística.
d) Título de mestrado nas especialidades indicadas nos requisitos ou outras afíns.
e) Coñecementos de informática e experiencia en xestión de bases de datos, programas de codificación e análise de datos e procesadores de texto
f) Coñecemento acreditado doutras linguas.
HORARIO E REMUNERACIÓN DOS CONTRATOS
Contrato 1: xornada completa (40 horas semanais) e 1.100,00 € mensuais
Contrato 2: xornada parcial (25 horas semanais) e 700,00 € mensuais
SISTEMA DE SELECCIÓN
Concurso de méritos e entrevista persoal.
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Do 21 ao 31 de outubro de 2019, en papel na sede da RAG ou mediante envío por correo certificado dirixido a:
Secretaría
Real Academia Galega
Tabernas, 11
15001 A Coruña
INSTRUCIÓNS PARA A ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN
A documentación acreditativa dos requisitos e dos méritos acompañarase dunha copia do DNI ou pasaporte e dun resumo (máximo 1 folio) onde se farán constar de xeito claro e esquemático:
a) Os datos de identidade e contacto por esta orde: nome e apelidos, DNI, data de nacemento, lugar de nacemento, número de teléfono, correo electrónico, enderezo postal
b) Relación de título(s) académico(s)
c) Relación de méritos alegados
Máis información no web da RAG
A RAG convoca dous contratos para realizar traballos de sociolingüística
A Real Academia Galega convoca un concurso aberto para dous contratos de persoal técnico de sociolingüística, desde o 2 de xaneiro ata 31 de decembro de 2020, prorrogables por ata doce meses máis. Prazo: ata o 31 de outubro.