Toda a información, bases, cancións xa presentadas, votacións, etc., pódese consultar no web oficial de A Polo Ghit 2010
As propostas gañadoras das catro edicións anteriores foron:
2009: O fillo do mar, de A banda de Balbina
2008: Planeta 19, de Boy Elliott
2007: Biocultivos, de Sacha na horta
2006: In the Ocean, de Pulpiño Viascón
A Polo Ghit! Un ano máis, na procura da canción do verán
Un ano máis, e este xa é o quinto, Vieiros convoca o auténtico concurso na procura da canción galega do verán, A Polo Ghit! Ghits temos a cachón! Talento creativo asolagándonos os oídos en fervenza de notas. O prazo para presentar cancións remata o 25 de xuño