Este obradoiro está aberto á participación de toda a comunidade universitaria e ten como obxectivo xeral promover a participación da comunidade universitaria no proceso de normalización lingüística e de progresiva adopción do software libre na USC.
Desenvolverase en dúas actividades diferentes:
- Unha primeira acción formativa de 6 horas de duración cun enfoque eminentemente práctico para achegar aos participantes tanto as bases técnicas como prácticas para abordar proxectos de tradución.
- E unha segunda acción práctica de 9 horas presenciais e 15 virtuais en que se levará a cabo a tradución ao galego dunha escolma de aplicacións libres feita pola ETSE de entre as utilizadas na docencia. Esta actividade desenvolverase, se for posíbel, por equipos ou parellas, de xeito que se axunten persoas con coñecementos e destrezas de tipo técnico e de tipo lingüístico. Os resultados desta actividade terán seguimento e supervisión por parte da organización durante as horas non presenciais, de xeito que os participantes poidan avaliar e mellorar a súa achega efectiva ao produto final así como avaliar e mellorar os seus coñecementos.
O programa deste obradoiro é o seguinte:
- Obradoiro formativo de localización: xoves 30 de abril e 7 de maio, de 11-14 h
- Obradoiro de localización: sábado 9 de maio, de 10 a 19 h
- Lugar: ambos na Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Aula I6, xunto ao Departamento de Electrónica e Computación do Monte da Condesa
Para máis información, podes consultar o Cartafol Dixital.