A nosa compra en galego

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña lanza a campaña "A nosa compra en galego" que pretende promover entre os/as usuarios/as e os/as comerciantes dos mercados o uso da lingua galega achegando o léxico galego dos produtos que normalmente están á venda nun mercado.

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña elaborou uns cadernos con dupla finalidade: por unha banda conteñen unhas follas en branco que permiten elaborar unha listaxe da compra e, por outra, recollen o léxico de uso máis frecuente na actividade dos mercados.

Estes cadernos teñen como obxectivo o achegamento aos usuarios das formas tradicionais galegas da nomenclatura asociándoo a un elemento utilitario da vida cotiá.

Ademais, a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza diversas actuacións artísticas e culturais nos recintos dos mercados. Estes espectáculos tentan promover a valoración dos recintos dos mercados como medio de transmisión cultural e da lingua galega.

Programa:

• Sábado 23 de xaneiro de 2010, ás 12.00 h, no Mercado Municipal das Conchiñas, espectáculo de danza da bailarina Begoña Cuquejo.

• Sábado 30 de xaneiro de 2010, ás 12.00 h, no Mercado Municipal de Santo Agostiño, espectáculo de música da artista Lucía Aldao.

• Sábado 6 de febreiro de 2010, ás 12.00 h, no Mercado Municipal da praza de Lugo, espectáculo de poesía do escritor Estevo Creus.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio