Co título Música, orgullo e identidade, os XXVIII Encontros para a Normalización Lingüística buscan analizar, dende unha perspectiva interdisciplinaria, o potencial da música como motor de cambio sociolingüístico, atendendo especialmente á súa capacidade para xerar identificación, prestixio e comunidade arredor do galego.
Ao longo dunha xornada de traballo e mediante catro mesas coloquio, estudarase se a emerxencia dunha nova escena musical en galego que consegue interpelar de maneira directa a mocidade adolescente pode contribuír á ampliación da base social da lingua a través do fenómeno do contexto neofalante, entendido non só como un cambio de código lingüístico, senón como un proceso complexo de construción de identidade e pertenza. A xornada pecharase coa actuación de XMaseda e convidados/as.
Os XXVIII Encontros para a Normalización Lingüística terán lugar o 20 de outubro de 2026, na Facultade de Ciencias da Comunicación, Campus Norte, avenida de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela.
PROGRAMA
Sesión da mañá
- 9:45 horas: inauguración
- 10:00 horas: Da raíz á vangarda: continuidade e cambio na música en galego
– Xosé Luís Rivas Cruz, Mini
– Xurxo Souto
– Guadi Galego
– Faia Díaz [De Vacas]
Coordina e modera: Manuel Maseda - 11:30 horas: pausa
- 12:00 horas: Crear en galego: entre o compromiso, o mercado e a identidade
– Marta Álvarez [De Ninghures]
– Hugo Guezeta
– Belém Tajes
– Nuno Pico, Grande Amore
Coordina e modera: Bernardo Penabade - 13:30 horas: peche da sesión da mañá
Sesión da tarde
- 16:30 horas: Difusión, redes e neofalantismo: como medra a comunidade
– Fátima Pego
– Ortiga
– Antía Muíño
– MØU [Dios Ke Te Crew]
Coordina e modera: Luz Castro - 18:00 horas: pausa
- 18:15 horas: Música urbana e adolescencia: socialización lingüística en novos espazos
– XMaseda
– O Rabelo
– Laura LaMontagne
– 9Louro
Coordina e modera: Ana Iglesias - 19:15 horas: actuación de peche: XMaseda
- 20:00 horas: clausura
INSCRICIÓN
A inscrición nos XXVIII Encontros para a Normalización Lingüística é gratuíta e debe facerse a través do formulario desta páxina. O número de prazas é limitado (300 persoas) e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Organiza: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega coa colaboración da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Lingua)
Principal información
- Temática dos Encontros: Música, orgullo e identidade
- Data: 20 de outubro de 2026
- Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
- Inscrición e información completa nesta ligazón




