A Mesa propón á sociedade seis medidas urxentes para a lingua galega

Ante os retrocesos na política de normalización lingüística e os últimos datos que amosan o descenso do uso do galego, A Mesa pola Normalización Lingüística propón seis medidas urxentes para recuperarmos a nosa lingua e reverter o proceso que a exclúe e que provoca a redución de utentes de galego

Segundo A Mesa, “non son todas as medidas que o noso idioma precisa, mais si, de entre elas, as que a administración galega debe pór en funcionamento con máis urxencia”.

Estas son as medidas que propoñen:

1- Impulso ao papel normalizador da CRTVG

– Mellorar e ampliar a oferta de lecer infantil e xuvenil en galego na TVG e na RG.

– Debates políticos plurais sobre temas de interese xeral de temática galega.Intervención de persoas expertas que utilicen a lingua galega nos noticieiros e programas.

– Programación ampla e específica sobre historia de Galiza. patrimonio galego, música en galego, literatura galega…

– Acordos con outras canles, distribuidoras, produtoras para a dobraxe e lexendado de filmes e series en galego.

2- Ensino en galego

– Plan de choque para a introdución e o emprego do galego na Educación Infantil

a) Emprego do galego na Educación Infantil: inmersión lingüística

b) Oferta de materiais didácticos en galego

– Impulso ao galego na Educación Primaria e Secundaria e eliminación de todos os limites impostos á lingua propia no decreto 79/2010

– Oferta de galego en xoguetes e lecer infantil e xuvenil.

3- Administración en galego

– Oferta positiva na atención ao público en toda a administración galega, municipal e estatal e en todas as concesións publicas, así como galeguización de toda a sinalización, formularios e documentación interna e externa.

– Oferta de galego en todos os servizos de administración electrónica

– Impulso da galeguización da xustiza e do programa Minerva.

– Oferta positiva de galego no Servizo Galego de Saúde e galeguización de todos os programas e aplicacións informáticas, nomeadamente Ianus.

4- Transportes públicos

– Sinalizacións e información en galego nas estacións de autobuses e tren.

– Utilización exclusiva da toponimia galega como única forma legal.

5- Convenio coa RTP

– Recepción en todo o territorio galego, cando menos, do sinal da Radio Televisión Portuguesa e emisión da CRTVG para Portugal.

6- Axudas e subvencións

– Condicionar todas as axudas e subvencións da Xunta de Galiza á utilización efectiva da lingua galega, nomeadamente as concedidas á Igrexa Católica e aos medios de comunicación.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio