A Mesa presenta o certificado Abertos ao Galego

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou o proxecto Abertos ao Galego, un distintivo empresarial co obxectivo de crear unha rede de empresas que apostan pola lingua

Abertos ao galego é un certificado que se concede, en diferentes niveis, ás empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole que adopten e desenvolvan compromisos para a normalización do galego.

O certificado conta con catro niveis:

NIVEL UN. Empresas e organizacións que adoptaron e están a desenvolver medidas para a normalización do galego. Están aínda a dar os primeiros pasos.

No caso das empresas, estabelecerase como mínimo para este nivel o uso non deturpado da toponimia e o cumprimento da lexislación lingüística.

No caso das organizacións, o estabelecemento de medidas concretas para o uso do galego será suficiente para este nivel, malia que tales medidas aínda non se concretasen. A Mesa realizará un seguimento específico da aplicación das medidas nos prazos acordados coa entidade correspondente.



NIVEL DOUS. Empresas e entidades que ofrecen toda a súa información exterior en galego. No caso de facer uso tamén doutros idiomas, o galego será a lingua de opción positiva e que apareza salientada ou en primeiro lugar.

NIVEL TRES. Ofrecen toda a información exterior en galego e, ademais, utilízano como lingua interna de traballo: nóminas, xestións administrativas, contabilidade etc.

NIVEL CATRO. Ademais de realizaren un uso sistemático do galego tanto interna como externamente, solicitan a información e a documentación en galego a provedores e administracións. Son entidades e empresas que dinamizan de xeito especial o uso e a extensión social do galego.

O certificado concédese cunha validez anual. Ao longo deste tempo, avaliarase de novo o cumprimento das condicións para ver en cal dos catros graos do certificado se encontra a entidade que o ostenta.

Na actualidade, forman parte do proxecto máis de 60 empresas. Podes achar máis información sobre este proxecto no web Abertos ao Galego.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio