A Mesa, premio Rosalía de Castro de Lingua 2011

O xurado do II Premio Rosalía de Castro de Lingua 2011, convocado pola Deputación da Coruña, decidiu concederlle o premio á Mesa pola Normalización Lingüística para recoñecer a súa traxectoria de 25 anos traballando na defensa e promoción do galego

O xurado estivo composto por Salvador Fernández Moreda, presidente da Deputación da Coruña; Xoán Manuel Sande, deputado responsábel de Normalización Lingüística na Deputación; Manuel Rico Verea, da Secretaría Xeral de Política Lingüística; Xosé Manuel Sánchez Rei, da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda; Manuel Núñez Singala, da Universidade de Santiago de Compostela; Pilar García Negro, da Universidade da Coruña; e Marcos Mosquera, do Colexio de Xornalistas.

Trátase dun premio de carácter honorífico, pois non conta con dotación económica, e recaeu na Mesa pola Normalización Lingüística “pola súa traxectoria de 25 anos a prol da normalización da lingua galega en moitos ámbitos sociais e públicos e como impulsora continuada da legalidade derivada da Lei 2/19983 de normalización lingüística de doutras leis autonómicas e do Estado”. O xurado destacou a “dilatada traxectoria” da Mesa, “que é a maior entidade galega por número de socios/as” e que nos seus 25 anos de traxectoria “apenas foi premiada en Galicia, aínda que recibiu múltiples recoñecementos no exterior”.

O premio seralle entregado á Mesa na Festa da Lingua que terá lugar en Carballo o sábado 7 de maio, e na que actuarán Marful e Berrobambán.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio