O prazo de envío de vídeos remata o vindeiro 13 de maio.
As bases do concurso foron enviadas a todos os centros de ensino de primaria e secundaria da provincia, así como ás escolas de imaxe e son. Poden tamén consultarse no blog na Mesa de Lugo.
As gravacións poderán ter unha duración máxima de dous minutos en calquera formato. Teñen cabida pezas e creacións de todo tipo, dende o punto de vista humorístico, dramático, épico ou simplemente descritivo.
Os membros do xurado serán persoas vinculadas ao mundo audiovisual galego e á normalización lingüística, entre eles o director de cinema Jorge Coira e Nel Vidal, presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).
O acto de entrega de premios terá lugar no salón de actos da Deputación de Lugo o 14 de maio ás 20.00 horas. Proxectaránse todas as curtas recibidas e os videos gañadores. Os premios consisten en tecnoloxía en galego.
A Mesa de Lugo convoca o II Concurso de vídeos Mobilízate pola lingua
A Mesa pola Normalización Lingüística da zona de Lugo centro organiza, por segundo ano consecutivo, o concurso de vídeos Mobilízate pola Lingua, que pretende que os rapaces e as rapazas de toda Galiza graven cos seus teléfonos móbiles situacións da súa vida cotiá nas que teñen problemas ou dificultades para poder expresarse en galego.