presentación Queremos Galego 17maio25

A manifestación en defensa da lingua do 17 de maio acabará cunha gran foliada

A plataforma Queremos Galego anunciou o 27 de marzo a convocatoria da manifestación do Día das Letras Galegas e as accións que desenvolverá de cara a esa data.  

A plataforma Queremos Galego anunciou na mañá do 27 de marzo a convocatoria de manifestación para o 17 de maio, que terá o mesmo lema ca a anterior, Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística, comezará ás 12.00 h na Alameda e acabará na praza do Obradoiro.

Foliada como homenaxe á cultura popular

A manifestación concluirá cunha foliada pola lingua na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. A coordinadora de Queremos Galego, Celia Armas, indicou que “Será unha homenaxe masiva á lingua e a cultura popular que se mantivo viva na voz das cantareiras, resistindo a todos os intentos de apagala”.

Queremos Galego fai un chamamento ás agrupacións, asociacións e colectivos da música galega a participar na grande foliada pola lingua e anima a todas as persoas que participen na manifestación a traer as súas pandeiretas.

Plenarios de Queremos Galego

A plataforma cidadá, da cal forma parte a CTNL, desenvolverá plenarios por toda Galiza durante as próximas semanas, con dous obxectivos:

  1. difundir a convocatoria de manifestación nacional e foliada pola lingua e
  2. comezar un proceso social amplo, plural e participativo para avaliar o cumprimento do Plan xeral de Normalización da lingua galega (PXNLG) e dos acordos nacionais e internacionais a favor do galego, detectar os obstáculos que impediron o seu cumprimento e concretar como se deben aplicar as medidas estabelecidas nestes acordos unánimes para garantir a súa eficacia. Este proceso, que se chamará Lingua vital, será presentado na praza do Obradoiro o 17 de maio.

Información máis detallada:

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio