Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, a A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes publicou no BOP do 23 de decembro as bases xerais e específicas polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen a praza de técnico/a de normalización lingüística.
SISTEMA DE SELECCIÓN
Concurso de méritos, onde se valorarán os méritos profesionais (até 90 puntos) e outros méritos (até 10 puntos).
REQUISITOS DE TITULACIÓN
Estar en posesión do título de grao universitario, licenciado ou equivalente.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Será de 20 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE, de acordo coas bases publicadas no BOP. Este anuncio publicouse no BOE do 14 de marzo de 2024 e establece que o prazo é de 20 días hábiles desde o día seguinte á publicación do anuncio.
BOLSA DE EMPREGO
De conformidade co establecido na disposición adicional cuarta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, esta convocatoria de estabilización preverá para aquelas persoas que non superen o proceso selectivo a súa inclusión en bolsas de persoal laboral interino/a ou calquera outra que se estableza de forma específica, ou a súa integración en bolsas xa existentes.
Bases xerais e específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 23 de decembro de 2022)
Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 14 de marzo de 2024)
Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes publicou no BOP do 23 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.