A Concellaría de Cultura do Concello da Coruña organiza unha nova edición de Achegarte, unha feira cultural que neste edición se centrará máis nos/as creadores/as e na cultura de base.
O Achegarte 2011, no que tamén estará presente a CTNL, terá lugar o sábado 2 e o domingo 3 de abril no Palexco da Coruña e quere ser un escaparate da cultura que facemos, contemporánea, moderna, atractiva, chea de vitalidade, talento… Durante eses dous días o Palexco encherase de concertos, espectáculos, propostas, exposición e venda de produtos e servizos culturais, actividades varias…, e tamén acollerá un Foro sobre o estado da cultura e tamén da lingua.
AS TÚAS PROPOSTAS PARA A LINGUA IMPORTAN
Desde a organización xa abriron un espazo na rede (http://lingua.achegarte.org/) desde o que se pode comezar a comentar cales son, para cada unha ou un, o que se está a facer, os problemas que se detectan e as solucións que se propoñen.
As ideas, comentarios e propostas que se fagan nese espazo na rede serán levadas a unha mesa de traballo durante a feira, da que sairá un resumo/decálogo/manifesto, que se xuntará co que saia das mesas doutras áreas (audiovisual, artes escénicas, literatura, música, organizacións culturais, artes plásticas e software libre) e que se publicará e difundirá.
Proximamente anunciarase a convocatoria para participar nas diferentes mesas de traballo de Achegarte 2011.
A participación de todas e de todos é importante para elaborar un documento representativo e de utilidade.
Consulta o programa completo de Achegarte 2011 >
A lingua que queremos… Participa no Foro de lingua de Achegarte
Por segundo ano, A Coruña acolle a feira cultural Achegarte, que terá lugar os días 2 e 3 de abril. Nesta edición, como novidade, inclúe un foro sobre o estado da cultura, que inclúe diversas seccións, entre elas unha de lingua, para a que xa se poden achegar ideas na rede que logo serán levadas ás mesas de traballo