A lingua máis saborosa, en Redondela

O Concello de Redondela, a través do seu SNL e en colaboración coa Asociación de Empresarios do municipio, inicia a campaña de normalización lingüística na hostalaría A lingua máis saborosa. En galego, da mañá á noite. Esta campaña inclúe diferentes soportes publicitarios e procura o compromiso dos estabelecementos do municipio

A campaña, que estará visíbel a través de soportes de menús do día ou cartas, e panos de mesa co agradecemento Grazas por escollernos, incluirá carteis publicitarios e dípticos promocionais e un glosario de termos da hostalaría e os seus produtos. Deste xeito a lingua galega estará presente na hostalaría redondelá como un sinal de identidade e de orgullo do propio, pero tamén co agradecemento a toda a xente que usa os seus servizos.

Ao sumárense a esta iniciativa os estabelecementos hostaleiros adquiren tamén un compromiso de continuidade, a progresiva galeguización de todos os soportes do seu estabelecemento, e a utilización da lingua galega como lingua preferente. Para lles facilitar este labor, o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) estará á súa disposición para corrixir e redactar a publicidade, páxinas web, folletos informativos, cartas, menús e todos os carteis ou indicadores do local.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio