´A lingua fendida: o audiovisual e o galego´ , foro da Academia Galega do Audiovisual

A Academia Galega do Audiovisual promove o debate sobre ´A lingua fendida: o audiovisual e o galego´ no Festival de Ourense durante os días 14 e 15 de outubro. É a sexta edición das xornadas de reflexión e debate Foro Academia Aberta no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense

Nesta edición e baixo o título “A lingua fendida” analizarase a cuestión da lingua como marca de singularidade do sector audiovisual galego. As xornadas de debate contarán con profesionais galegos que analizarán a relación entre a lingua e o cinema e tamén atenderase a cales deben ser as características da lingua do audiovisual.

No primeiro día deste foro de debate da Academia do Audiovisual Galego presentaranse outras realidades cinematográficas baixo a epígrafe “Tan lonxe? Tan preto?”; entre elas cómpre salientar a presenza de representantes do cinema do Quebec, Gales, Euskadi e Catalunya que achegarán a problemática actual de cada industria.

Para o segundo día, o 15 do outubro, está programado o debate sobre “O galego no audiovisual” desde catro perspectivas (“Dende a fenda da lingua”, “Dende a fenda da arte”, “Dende a fenda socio-cultural” e “Dende a fenda da economía”). Para rematar estas xornadas, conmemoraranse os 25 anos da dobraxe en galego.

Podes inscribirte e consultar o programa deste foro na páxina da Academia do Audiovisual Galego.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio