Este é un servizo gratuíto dirixido a toda a poboación que atenderá consultas sobre dereitos lingüísticos e tramitará queixas cara ás institucións, empresas, etc., que os vulneren, así como parabéns para quen dea pasos cara a garantir o dereito a vivir en galego.
A Liña do Galego está xa dispoñíbel no teléfono 902 106 474, en horario ininterrompido de 8 da mañá a 10 da noite todos os días laborábeis, e a través do correo-e linhadogalego@amesanl.org. A Mesa garante a confidencialidade de todas as informacións achegadas á Liña do Galego, mais non tramitará chamadas nin correos anónimos.
A liña do galego
O teléfono 902 106 474 e o enderezo electrónico linhadogalego@amesanl.org son os medios de contacto gratuítos habilitados pola Mesa pola Normalización Lingüística para tramitar queixas, consultas e parabéns sobre dereitos lingüísticos: A liña do galego.