O programa desta IV Xornada de Onomástica Galega prestará atención ao compoñente social, histórico e político que subxace nestes nomes e fornecerá os participantes de exemplos de experiencias sobre este tema desenvolvidas nos centros de ensino. Presentarase ademais unha proposta de modelo para as novas denominacións baseada na premisa de recorrer primeiro ás formas tradicionais previas antes ca as conmemorativas.
PROGRAMA
9:45 h: inauguración
Primeira sesión
10:00-11:30 h: A conformación dos nomes das rúas na Idade Media
– Santiago de Compostela, Gonzalo Hermo (Universitat de Barcelona)
– Baiona, Gonzalo Navaza (Universidade de Vigo)
Presenta: Ramón Lorenzo
11:30-12:00 h: descanso
12:00-12:45 h: Apropiación do espazo público e memoricidio: do golpe de 1936 ás políticas públicas da memoria, Antonio Miguez Macho (Universidade de Santiago de Compostela)
Presenta: Antón Santamarina
Segunda sesión
13:00-14:15 h: Modelos de intervención didáctica
– A toponimia urbana como recurso didáctico: un proxecto do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo, Suso Fernández Acevedo (IES Ribadeo)
– Hai rúas nas aldeas? Unha experiencia didáctica no concello de Valga, Pilar Buela e Carlos Montejano (IES Valga)
Presenta: Xulia Marqués
Terceira sesión
16:15-18:30 h: mesa redonda A salvagarda da toponimia tradicional fronte á odonimia conmemorativa: a práctica da denominación das rúas nos espazos urbanos
– Pontevedra. Conchi Cochón (SNL do Concello de Pontevedra)
– Vigo. Marta Souto (SNL do Concello de Vigo)
– A Coruña. Iván Méndez (SNL do Concello da Coruña)
– Lalín. Marta Negro Romero (ILG)
Modera: Luz Méndez
Cuarta sesión
18:45-19:15 h: Proposta para un modelo de denominación odonímica, Gonzalo Navaza (Universidade de Vigo)
19:30: clausura
As sesións desenvolveranse no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.
RECOÑECEMENTO COMO ACTIVIDADE FORMATIVA PARA O PROFESORADO
A xornada está en proceso de obter o recoñecemento da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como actividade de formación permanente do profesorado. Para formalizar a inscrición cómpre enviar un correo electrónico antes do 15 de outubro a publicacions@academia.gal en que figuren os seguintes datos:
– Nome e apelidos
– DNI
– Enderezo postal completo
– Correo electrónico
– Teléfono
– Datos profesionais
Ao final das xornadas entregarase un diploma de asistencia.
Máis información aquí.
Programa en .pdf
A IV Xornada de Onomástica Galega estará dedicada aos nomes das rúas
A Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, organiza o vindeiro 19 de outubro a IV Xornada de Onomástica Galega, que estará dedicada aos nomes das rúas. Terá lugar en sesións de mañá e tarde no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. A entrada é libre mais tamén é posible inscribirse para obter diploma de asistencia.