Esta edición dos Encontros para a Normalización Lingüística centrarase nas persoas e nos colectivos non galegofalantes de orixe, dado que a integración lingüística é un factor indispensable para a cohesión social. Unha integración que non será posible se non se ofrecen recursos axeitados nin se habilitan medios para que os non falantes dean adquirido a competencia necesaria na lingua propia de Galicia.
Os Encontros inclúen análise da situación, estudo de necesidades, e presentación e difusión de iniciativas, experiencias e propostas de dentro e de fóra de Galicia.
Datas: as datas iniciais eran o 16 e o 17 de abril, pero adíanse para o 1 e o 2 de outubro
Lugar: Pazo de Raxoi, 2º, praza do Obradoiro, s/n, Santiago de Compostela
Inscrición: gratuíta; abrirase un novo prazo de inscrición no momento oportuno. O número de prazas está limitado a 100, que se cubrirán por orde de inscrición.
PROGRAMA
Primeira sesión de tarde
16:30 horas. Inauguración
16:45 horas. Relatorios:
Inmigración e lingua(s): o debate da diversidade como riqueza cultural
– Belén Fernández Suárez, Universidade da Coruña
– Vicent Climent-Ferrando, Universitat Pompeu Fabra
18:15 horas. Pausa
18:45 horas. Mesa de traballo
Que linguas queren aprender as persoas migrantes?
– Juan Redondo, Cruz Vermella Galicia
– Isabel Ozores, Concello de Lugo
– Tamara Balboa, Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas
19:45 horas. Remate da sesión
Primeira sesión de mañá
10:00 horas. Mesa de experiencias
Integrarmos o colectivo inmigrante desde o sistema educativo
– Valentina Formoso, IES do Milladoiro. Programa de adquisición de linguas
– Bernardo Penabade, IES Perdouro. Modelo Burela
– Loli Castiñeira, Concello de Salceda de Caselas. Programa de apoio lingüístico
11:00 horas. Mesa de experiencias
Integrarmos o colectivo inmigrante desde os servizos de normalización lingüística
– Leonardo Pena, Servizo de Atención ao Inmigrante do Concello de Ames. En galego, co teu acento
– Concha Diéguez, Reverso Comunicación. En galego tamén noutros mundos
– Isabel Vaquero. SNL da Universidade de Santiago de Compostela. Cambia a túa mirada
12:00 horas. Pausa
12:30 horas. Mesa de experiencias
Inmigración e acollida lingüística en Euskadi e Cataluña
– Ángels Guerrero, Servei de Recursos Lingüístics, DGPL, Generalitat de Catalunya. Acollida lingüística da poboación inmigrante adulta
– Miren Biotza Piko, Berritzegune de Vitoria-Gasteiz, Departamento de Educación, Goberno Vasco. Acollida no sistema educativo non universitario
13:45 horas. Remate da sesión
Segunda sesión de tarde
16:00 horas. Relatorio
A formación de adultos en galego como ferramenta de integración social: o sistema Celga
– Xaquín Núñez Sabarís, Universidade do Minho
– Manuel Núñez Singala, SNL da Universidade de Santiago de Compostela
17:00 horas. Mesa de debate
Propostas de aproveitamento dos cursos Celga para o acollemento e a cohesión social
– María López, profesora dos cursos Celga
– Rosa Moreiras, SNL do Concello de Ames
– Olga López, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia
18:30 horas. Actuación de Soledad Felloza
19:00 horas. Conclusións e clausura
Coma en anos anteriores, haberá un grupo de Facebook sobre estes Encontros, que permitirá compartir información e iniciar o debate antes das sesións presenciais. Animámosvos a unirvos ao grupo e participar nos debates, propor ideas, dúbidas, etc.
Programa en .pdf e máis información no web do CDSG.
A integración lingüística como ferramenta de cohesión social, a análise nos XXII Encontros para a normalización lingüística
A vixésimo segunda edición dos Encontros para a Normalización Lingüística estudará a integración lingüística como ferramenta de cohesión social. As datas iniciais desta convocatoria eran o 16 e o 17 de abril, mais quedan adiados para o 1 e 2 de outubro.