A Fundación Carlos Casares organiza o Foro Mugardos Lingua e Sociedade

A Fundación Carlos Casares organiza, para os días 8 e 9 de outubro, a primeira edición do Foro Mugardos Lingua e Sociedade, baixo o título O presitixio social do galego

O foro pretende abordar como se constrúe o prestixio das linguas socialmente minoritarias, que variables definen ese prestixio e como se pode actuar sobre elas. Busca abrir un debate teórico encol do tema, sempre dende unha óptica construtiva; reflexionar sobre o estado actual da nosa lingua e, por último, analizar algúns casos que gardan certa semellanza co galego.

É un foro dirixido á análise social na promoción da lingua, aberto á participación de todos os asistentes, con especial atención ás achegas de lingüistas, sociólogos, profesionais de servizos de normalización, axentes e intermediarios culturais, estudantes e público interesado polo tema. As intervencións serán gravadas para a súa posterior edición e divulgación gratuíta.

PROGRAMA

Venres 8 de outubro

10.00 – 11.30 h. O prestixio das linguas socialmente minoritarias. Glyn Williams. Profesor emérito de Socioloxía da Universidade de Gales, Bangor.

11.30 – 12.00 h. Descanso café.

12.00 – 13.30 h. O prestixio social do galego: caracterización xeral. Gabriel Rei-Doval, profesor de Sociolingüística Hispánica da Universidade de Wisconsin, Milwaukee.

13.30 h. Inauguración.

14.00 h. Xantar.

17.00 – 18.30 h. Lingua, prestixio e administración. Xosé Luís Barreiro Rivas, profesor de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela.

18.30 – 19.00 h. Descanso café.

19.00 – 20.30 h. O papel da sociedade na construción do prestixio social da lingua galega, Valentín García Gómez, responsable do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Estrada.

21.30 h. Cea.

Sábado 9 de outubro

10.00 – 11.30 h. A construción do prestixo das linguas socialmente minoritarias en España. Joan A. Argenter, profesor do Departamento de Filoloxía Catalá da Universidade Autónoma de Barcelona e membro do Institut d’Estudis Catalans.

11.30 – 12.00 h. Descanso café.

12.00 – 13.30 h. Linguas e prestixio: conclusións para un debate aberto. Fernando Ramallo Fernández, profesor de Lingüística na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

13.30 h. Clausura.

14.00 h. Xantar.

Coordinadores

Valentín García Gómez, Fernando Ramallo, Gabriel Rei-Doval

Lugar de celebración

Pazo de Rilo. Lugar de Rilo nº 7. 15620 MUGARDOS. A Coruña

A inscrición é gratuíta e poderá facerse na páxina web da Fundación Carlos Casares.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio