A escola, unha oportunidade para aprender

O Concello de Pontevedra e os centros de ensino do municipio desenvolven a campaña conxunta A escola, unha oportunidade para aprender, coa que convidan as familias á reflexión sobre a necesidade da súa implicación para que os as súas fillas e os seus fillos poidan adquirir plena competencia en lingua galega

Esta campaña xorde con motivo da aprobación do Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. O obxectivo da campaña é convidar as familias á reflexión sobre a necesidade da súa implicación para que as súas fillas e os seus fillos poidan adquirir plena competencia en lingua galega, tendo en conta a mingua na promoción do galego no ensino que supón a nova lexislación aprobada recentemente pola Xunta de Galicia.

Esta campaña informativa está dirixida ás familias que van matricular os seus fillos e as súas fillas para o curso 2010-2011, no ensino infantil. O texto informativo da campaña foi traballado conxuntamente e validado por todos os centros de ensino infantil e primario do concello de Pontevedra.

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, realizou o deseño e a impresión de 2.500 folletos informativos que chegarán ás familias durante este mes de xuño, a través dos centros de ensino infantil e primario do concello. Ademais, o Concello reforzará esta campaña por medio de carteis e lonas para as rúas do centro da cidade, así como con insercións na radio e na prensa escrita local.

No desenvolvemento desta campaña, cómpre destacar a implicación activa da totalidade dos 22 centros públicos do concello, ademais da colaboración de parte dos centros de ensino concertado.

Folleto informativo da campaña en Pontevedra (.pdf) >

Folleto informativo sen logos, para poder ser utilizado en calquera lugar (.pdf) >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio