A Enciclopedia Galega Universal, accesíbel na rede

A Enciclopedia Galega Universal (EGU) da editorial Ir Indo xa se pode consultar na rede. Esta é a maior obra destas características en lingua galega, con 200.000 entradas e 30.000 ilustracións. Polo de agora, a enciclopedia en liña atópase en fase de probas, na versión beta 1.0.

A EGU está dispoñíbel en www.egu.es, desde onde se poden facer buscas directas a partir do galego, mais tamén do portugués, do castelán e do inglés. A EGU, da editorial Ir Indo, conta coa colaboración da Consellaría de Innovación e Industria.

Esta enciclopedia ponse en liña logo de que hai uns meses a mesma editorial tamén puxera en rede un dicionario de galego, o Digalego.com, que despois dun parón temporal, xa volve estar accesíbel.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio