A empresa R e Onda Cero Galicia, premios de publicidade en lingua galega 2009

A XVI edición dos Premios de Publicidade en Galego, concedidos polo Consello Asesor de RTVE-G e CRTVG, e cos que se recoñece o labor das empresas e axencias que promoven a difusión da lingua galega a través do medio publicitario, fóronlles concedidos este ano a R-Cable, pola campaña "Cámbiache o conto" e a Onda Cero Galicia.

O Consello Asesor de RTVE-G e CRTVG decidiu outorgar nesta edición os Premios de Publicidade en Galego 2008, na modalidade de televisión ao anuncio de R-CABLE Galicia “Cámbiache o conto” [vídeo], elaborado pola axencia ‘OCEANOGRÁFICO’ e emitido pola TVG. O xurado apreciou neste anuncio a súa orixinalidade, novidade e sinxeleza para elaborar un discurso narrativo “quen de prender a atención das espectadoras e dos espectadores máis preguiceiras/os”, ademais da súa mensaxe directa e imaxinativa.

No apartado de radio, o galardón foi para o reclamo publicitario “ONDA CERO GALICIA” elaborado e presentado por Onda Cero Radio. Neste caso foi valorada a riqueza lingüística da cuña publicitaria, que transmite unha viaxe idílica polos recunchos da terra galega, desde a gastronomía até a paisaxe. Ademais, o xurado salientou o innovador do anuncio premiado no tocante á articulación da súa mensaxe radiofónica e á súa textura arquitectónica.

Finalmente, o xurado acordou, por unanimidade, que o premio na modalidade de internet quedara deserto.

Os premios foron entregados o 11 de decembro nun acto en Ourense.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio