A educación plurilingüe a debate no Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega organiza as xornadas Educación plurilingüe: achegas para o debate, que terán lugar en liña os días 3 e 10 de decembro. Non é necesaria inscrición e pódese participar enviando preguntas a participa@consellodacultura.gal.



Transcorrida unha década desde a aprobación do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, o Consello da Cultura Galega quere contribuír ao debate sosegado sobre a educación plurilingüe, analizando o concepto desde a perspectiva das linguas minorizadas e das comunidades bilingües, e ofrecendo experiencias e datos do que está a acontecer no ámbito do ensino en Galicia.

Con este obxectivo, o vindeiros días 3 e 10 de decembro de 2020 terán lugar os debates en liña Educación plurilingüe: achegas para o debate, que se poderán seguir en directo desde o web do CCG, e participar enviando preguntas a participa@consellodacultura.gal.

Nun formato similar ao dos últimos Encontros para a Normalización Lingüística, os vídeos das intervencións, gravados previamente, estarán accesibles en liña tres días antes de cada sesión de debate, é dicir, os días 1 e 7 de decembro.

PROGRAMA

I. EDUCACIÓN PLURILINGÜE: OBXECTIVOS E ESTRATEXIAS

Martes, 1 de decembro


10:00 h: publicación dos relatorios gravados da primeira xornada, Educación plurilingüe: obxectivos e estratexias, en consellodacultura.gal

Xoves, 3 de decembro

18:00 h: debate

Modera: Henrique Monteagudo, profesor de Sociolingüística, USC

Relatorios:

Educación plurilingüe: obxectivos, instrumentos e factores condicionantes, por Bieito Silva Valdivia, profesor da USC

A planificación da adquisición da lingua catalá: o novo calidoscopio multilingüe, por Miquel Àngel Pradilla Cardona, presidente da Sociedad Catalana de Sociolingüística e director da CRUSCAT de l`IEC

Educación plurilingüe e revitalización de linguas minorizadas: o caso do éuscaro na comunidade autónoma vasca, por Ibon Manterola, profesor agregado da Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea (UPV/EHU)

II. EDUCACIÓN PLURILINGÜE: SITUACIÓN EN GALICIA

Luns, 7 de decembro


10:00 h: publicación dos relatorios gravados da segunda xornada, Educación plurilingüe: situación en Galicia, en consellodacultura.gal

Xoves, 10 de decembro

18:00 h: debate

Modera: Manuel Bragado, mestre, editor e activista cultural

Relatorios:

Do marco ás aulas, por Valentina Formoso, profesora no IES do Milladoiro

Educación plurilingüe en Galicia: reconsideración dun proxecto lingüístico paradóxico, por María López Sández, profesora de Ensino Secundario e profesora asociada da área de Didáctica da Lingua e da Literatura da USC

O Mapa Sociolingüísitica Escolar de Ames: a educación plurilingüe no periurbano, por Xaquín Loredo, Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega

Programa en .pdf e máis información no web do CCG.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio