A Deputación Provincial da Coruña organiza as xornadas Malas Linguas

"O galego precisa redefinir a súa folla de ruta para activar falantes no século XXI". Para contribuír a ela, a Deputación da Coruña organiza as xornadas "Malas Linguas: activando falantes no século XXI", unha oportunidade para facer diagnose, analizar a situación actual e, desde aí, trazar, imaxinar e coller folgos para continuar o camiño da normalización lingüística do galego.

A Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Coruña convoca as xornadas “Malas Linguas: activando falantes no século XXI”, co fin de analizar a situación da lingua co obxectivo de mellorarmos colectivamente as políticas lingüísticas e o camiño da normalización lingüística.

As xornadas están dirixidas principalmente ás persoas que traballan no ámbito da normalización lingüística e das políticas públicas. Terán lugar ao longo de catro días, entre outubro de 2018 e novembro de 2019, nos cales se analizarán a relación entre a lingua e as políticas públicas, a memoria, a transmisión non familiar e os xéneros. O calendario de xornadas é o seguinte:

– 23 de outubro de 2018: Lingua, discurso e políticas públicas

– 29 de novembro de 2018: Lingua e memoria. Transmisión familiar da lingua

– 1 de marzo de 2019: Lingua, infancia e mocidade. Transmisión non familiar da lingua

– 12 de abril: Lingua e xéneros

PRIMEIRA XORNADA: Lingua, discurso e políticas públicas

A primeira xornada desenvolverase o 23 de outubro no Pazo de Mariñán (Bergondo) e terá o seguinte programa:

10:00: presentación das xornadas.

Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación da Coruña

10:15: Mesa 1: A lexitimidade das políticas lingüísticas

Suso Fernández Acevedo, filólogo e escritor

Debate

11:15: pausa – café.

12:00: Argumentos para o galego: María Vázquez, actriz

12:15: Mesa 2: Lingua e identidades no século XXI

Rosa Berrio, USTEC•STEs / SomEscola

Marcos Maceiras, A Mesa pola Normalización Lingüística

Jasone Mendizabal, Euskaltzaleen Topagunea/ Proxecto Tosta

Debate

14:00: xantar

16:00: Argumentos para o galego: Diego E. Barros, xornalista e filólogo

16:15: Mesa 3: Afinar o discurso. Argumentos, obxectivos e persoas e colectivos a quen deben dirixirse as políticas lingüísticas actuais

Nel Vidal, SNL de Carballo

Tina Formoso Gosende, ENL no ensino

Debate

17:30: Espazo de construción colectiva: Diagnose participativa

19:00: peche da xornada

A inscrición para esta e as demais xornadas (29 de novembro de 2018, 1 de marzo de 2019 e 12 de abril de 2019) é gratuíta e faise a través do seguinte formulario.

Máis información no web da Deputación Provincial da Coruña.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio