A Deputación de Pontevedra convoca unha praza de tradutor/a de lingua galega como funcionario/a interino/a

A Deputación de Pontevedra publicou no BOP de Pontevedra do 26 de maio a convocatoria dunha praza de tradutor/a de lingua galega en réxime de interinidade. O prazo para presentar solicitudes finaliza o 5 de xuño.



A Deputación de Pontevedra publicou no BOP de Pontevedra do 26 de maio a convocatoria dunha praza de tradutor/a de lingua galega en réxime de interinidade.

CARACTERÍSTICAS DA PRAZA

Trátase dunha praza de persoal funcionario interino, encadrada no grupo A2-23.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Galega e Española, en Lingua e Literatura Galegas, tradución con especialidade en galego ou equivalentes, ou estar en condicións de obter esta titulación o día en que remate o prazo de presentación de instancias.

SISTEMA DE SELECCIÓN

O procedemento de selección será o de oposición, que incluirá dous exercicios:

Primeiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito un test de 40 preguntas con varias respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do programa. O tempo para a realización deste exercicio será de 40 minutos.

Segundo exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na tradución directa dun texto en castelán elixido polo tribunal ao idioma galego, e/ou a corrección dun texto en galego coa xustificación das correccións realizadas, sen axuda do dicionario. Posteriormente, e no caso de que proceda, as persoas aspirantes serán convocadas polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo a súa autora ou autor ou, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais desde o seguinte á publicación da convocatoria no BOP, é dicir, até o 5 de xuño.

Bases da convocatoria, en .pdf (BOP de Pontevedra do 26 de maio de 2023)
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio