Logo da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra convoca axudas para creación, mantemento e reforzo de SNL en 2025

O BOP do 11 de febreiro de 2025 publica as bases e o extracto da convocatoria de subvencións dirixidas ás entidades locais para crearen, manteren ou reforzaren SNL en 2025. O prazo para presentar solicitudes é dun mes.

Deputación Provincial de Pontevedra publicou no BOP do 11 de febreiro de 2025, as bases das subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra para o ano 2025. No BOP do mesmo día publicouse o extracto da convocatoria.

Modalidades de axudas

A convocatoria establece tres modalidades de axudas:

  • creación de novos servizos de normalización lingüística
  • mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes
  • reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes.

Entidades beneficiarias

  • Para a creación de SNL: concellos da provincia de Pontevedra dun máximo de 50.000 habitantes ou ben as agrupacións de concellos, mancomunidades ou entidades locais menores da provincia que non conten con SNL. Tamén se inclúen nesta modalidade aqueles servizos creados no ano 2024 que non percibiron unha subvención ao abeiro da convocatoria dese ano e que continúen coa súa actividade na data de publicación da convocatoria do ano 2025. Polo contrario, as entidades locais que percibiron unha subvención ao abeiro da convocatoria de 2024 non poderán acceder a unha axuda para a creación dun servizo lingüístico nesta convocatoria.
  • Para o mantemento de SNL: concellos da provincia de Pontevedra dun máximo de 50.000 habitantes que no momento da publicación desta convocatoria teñan creado e en funcionamento un SNL. Entran nesta modalidade as entidades que contasen con SNL polo menos entre xaneiro e outubro do ano anterior e que retomasen o funcionamento do servizo no primeiro trimestre do ano 2025.
  • Para o reforzo de SNL: concellos que conten con SNL e queiran melloralo contratando máis persoal técnico ou incrementando a xornada do persoal existente.

Perfil técnico e funcións dos SNL

A Deputación Provincial de Pontevedra detalla na convocatoria os requisitos de titulación dos técnicos/as de normalización lingüística e publica unha relación pormenorizada das funcións que debe desenvolver un servizo de normalización lingüística, entre as que se inclúen funcións xerais, de dinamización sociolingüística, de formación sociolingüística, de asesoramento lingüístico interno e de coordinación entre a Deputación e os concellos (base oitava da convocatoria).

Período que abrangue a subvención

Do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2025.

Orzamento e contía máxima das axudas

orzamento total das axudas será de 200.000 euros.

As contías máximas por SNL e modalidade de axuda son as seguintes:

  • creación de novos servizos de normalización lingüística: subvenciónase cun máximo de 35.000 euros, que pode supor o 100% do gasto de persoal, co compromiso adquirido de manter o devandito servizo nas dúas anualidades seguintes e de dotalo nos seus orzamentos económicos coas cantidades correspondentes polas porcentaxes restantes do seu custo salarial.
  • mantemento ou reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes: subvenciónase cun máximo de 25.000 euros, que pode supor até un 80% do gasto de persoal.

Se o orzamento total asignado non for suficiente debido a un número elevado de solicitudes, darase prioridade ás axudas para a creación de SNL e repartirase o crédito dispoñible entre as entidades beneficiarias da liña de mantemento e reforzo de SNL.

Do mesmo xeito, de existir aforro tras a repartición das cantidades, e en función do número e do importe das subvencións solicitadas, as axudas incrementaranse proporcionalmente ata chegar ao máximo establecido na base sétima da convocatoria: 100% para a creación de SNL e 80% para o reforzo e o mantemento.

Presentación de solicitudes e prazo

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que estará dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

prazo de presentación de solicitudes é dun mes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria e do extracto no BOP, é dicir, até o 11 de marzo.

Prazo de presentación de solicitudes

prazo de presentación de solicitudes está aberto até o 11 de marzo.

Prazo de xustificación das axudas

De acordo coas bases e co extracto da convocatoria, o prazo de xustificación das axudas remata o 28 de febreiro de 2026.

Información máis detallada

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio