A Deputación Provincial de Pontevedra publicou nos BOP do 14 de abril a convocatoria de axudas para realizar actividades de dinamización da lingua galega durante 2025 dirixidas a entidades culturais sen fins lucrativos (procedemento SIA 215828). O prazo está aberto até o 14 de maio.
Obxecto
Actividades que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025 das seguintes características:
- a. Fomento do uso e prestixio da lingua galega a través de programas de normalización e dinamización lingüística:
- Certames literarios e xornalísticos que promovan a creación en lingua galega nos rangos de idade onde o galego ten menos uso e prestixio.
- Actividades de creación que permitan asociar a lingua galega a valores positivos: modernidade, lecer, novas tecnoloxías, videoxogos.
- Proxectos de creación artística nos ámbitos audiovisual, musical, dos podcasts, dos videoxogos e da banda deseñada, especialmente dirixidos á infancia e á mocidade.
- Xornadas e eventos que promovan a creación en lingua galega.
- b. Sociolingüística e toponimia:
- Estudos e publicacións sobre sociolingüística.
- Xornadas e publicacións de recuperación da toponimia.
- c. Fomento do emprego do galego no comercio e na industria.
- d. Campañas para a dinamización, o uso e o prestixio da lingua galega no ámbito comercial e socioeconómico.
- e. Recoñecementos e distincións:
- Accións que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que transmitan valores positivos asociados á lingua galega a través do seu uso e defensa.
- f. Fomento do emprego do idioma galego
- Actividades de captación de neofalantes.
- Actividades de dinamización e normalización da lingua galega que fomenten o emprego activo da lingua, a socialización en galego e que o asocien con valores positivos (modernidade, prestixio, lecer, diversión), especialmente dirixidas á infancia e á mocidade.
Destinatarias
Entidades sen fins de lucro, con domicilio fiscal na provincia de Pontevedra e que desenvolvan as súas actividades na provincia ou, excepcionalmente, fóra deste ámbito cando versen sobre temas de interese para a provincia
Orzamento
150.000 euros
Solicitudes
Presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra no procedemento SIA 215828.
Prazos
- Para solicitar as axudas: até o 14 de maio de 2025.
- Para xustificar as axudas: até o 28 de febreiro de 2026
Valoración das candidaturas
Na base décimo cuarta recóllense os criterios de valoración das candidaturas, entre as que están as seguintes:
- calidade e contido técnico da proposta,
- o orzamento,
- a porcentaxe de financiamento que se solicita,
- experiencia, traxectoria e especialización da entidade,
- que sexa un programa dirixido a un ámbito estratéxico (socioeconómico, educación, familia, mocidade, lecer e novas tecnoloxías),
- que sexa un programa que se desenvolva en rede ou en colaboración con outras entidades,
- a consolidación e sensibilización lingüística das actividades ou programas.
Información destacada
- Prazo para pedir as axudas: do 15 de abril ao 14 de maio de 2025
- Formulario de solicitude: no procedemento SIA 215828.
- Destinatarios: entidades sen fins de lucro
- Prazo para xustificar as axudas: até o 28 de febreiro de 2026
Información detallada
- Bases completas, en .pdf (BOP do 14 de abril de 2025)
- Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 14 de abril de 2025)