A Deputación de Pontevedra convoca axudas para actividades de dinamización da lingua galega
A Deputación Provincial de Pontevedra convoca axudas para actividades de dinamización da lingua galega dirixidas a entidades sen fins de lucro e concellos de menos de 50.000 habitantes. O prazo para solicitar estas axudas é dun mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria e do extracto.
As convocatorias e os seus correspondentes extractos están publicadas no BOP do 27 de outubro de 2020.
AXUDAS PARA ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO
Obxecto
Actividades realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020 das seguintes características:
– Fomento da creación e difusión cultural en lingua galega: certames literarios e xornalísticos, creación audiovisual e literaria, feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega
– Sociolingüística e toponimia: estudos e publicacións sobre sociolingüística, xornadas e publicacións de recuperación da toponimia
– Fomento do emprego do galego no comercio e na industria: xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega
– Recoñecementos e distincións: actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego
Destinatarias
Entidades sen fins de lucro que desenvolvan as súas actividades na provincia ou, excepcionalmente, fóra deste ámbito cando versen sobre temas de interese para a provincia
Orzamento
120.000 euros
Solicitudes
Presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra
Prazos
– Para solicitar as axudas: até o 27 de novembro de 2020
– Para xustificar as axudas: até o 31 de marzo de 2021
Bases da convocatoria, en .pdf (BOP do 27 de outubro de 2020)
Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 27 de outubro de 2020)
AXUDAS PARA CONCELLOS
Obxecto
Actividades realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020 das seguintes características:
– Fomento da creación e difusión cultural en lingua galega: certames literarios e xornalísticos, creación audiovisual e literaria, feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega
– Sociolingüística e toponimia: estudos e publicacións sobre sociolingüística, xornadas e publicacións de recuperación da toponimia
– Fomento do emprego do galego no comercio e na industria: xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega
– Recoñecementos e distincións: actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego
Destinatarios
Concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes
Orzamento
100.000 euros
Solicitudes
Presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra
Prazos
– Para solicitar as axudas: até o 27 de novembro de 2020
– Para xustificar as axudas: até o 30 de marzo de 2021
Bases da convocatoria, en .pdf (BOP do 27 de outubro de 2020)
Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 27 de outubro de 2020)
ADDENDA
Resolución das axudas, en pdf (BOP do 11 de xaneiro de 2021)