As convocatorias e os seus correspondentes extractos están publicadas nos BOP do 5 de marzo e do 8 de marzo de 2021.
AXUDAS PARA ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO
Obxecto
Actividades que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021 das seguintes características:
– Fomento da creación e difusión cultural en lingua galega: certames literarios e xornalísticos, creación audiovisual e literaria, feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega
– Sociolingüística e toponimia: estudos e publicacións sobre sociolingüística, xornadas e publicacións de recuperación da toponimia
– Fomento do emprego do galego no comercio e na industria: xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega
– Recoñecementos e distincións: actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego
– Obradoiros orientados a reforzar o traballo a prol do uso da lingua entre a veciñanza
– Producións de materiais en galego (documentación permanente, creativa ou publicitaria; revistas en papel e en formato electrónico, vocabularios, manuais; recursos para o lecer e xogos en galego, páxinas web; e outros) que teñan como fin introducir ou estender o uso da lingua nalgún eido.
Destinatarias
Entidades sen fins de lucro que desenvolvan as súas actividades na provincia ou, excepcionalmente, fóra deste ámbito cando versen sobre temas de interese para a provincia
Orzamento
120.000 euros
Solicitudes
Presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra
Prazos
– Para solicitar as axudas: até o 15 de abril de 2021
– Para xustificar as axudas: até o 31 de marzo de 2022
Valoración das candidaturas
Como novidade na convocatoria deste ano, na base novena recóllense os criterios de valoración das candidaturas, entre as que están a difusión, o orzamento ou a consolidación das actividades ou programas.
Bases da convocatoria, en .pdf (BOP do 5 de marzo de 2021)
Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 5 de marzo de 2021)
AXUDAS PARA CONCELLOS
Obxecto
Actividades ou programas que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021 das seguintes características:
– Fomento da creación e difusión cultural en lingua galega: certames literarios e xornalísticos, creación audiovisual e literaria, feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega
– Sociolingüística e toponimia: estudos e publicacións sobre sociolingüística, xornadas e publicacións de recuperación da toponimia
– Fomento do emprego do galego no comercio e na industria: xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega
– Recoñecementos e distincións: actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego
– Calquera outra actividade ou programa de actividades cuxo obxectivo sexa fomentar o uso do idioma galego entre a poboación, nomeadamente entre a infancia e a mocidade
– Fomento do emprego do idioma galego: actividades para a captación de neofalantes, actividades de dinamización e normalización da lingua galega.
Destinatarios
Concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes
Orzamento
100.000 euros
Solicitudes
Presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra
Prazos
– Para solicitar as axudas: até o 15 de abril de 2021
– Para xustificar as axudas: até o 30 de marzo de 2022
Valoración das candidaturas
Como novidade na convocatoria deste ano, na base novena recóllense os criterios de valoración das candidaturas, entre as que están dispoñer dun servizo de normalización lingüística.
Os concellos da provincia de Pontevedra poden dotarse de servizo de normalización lingüística beneficiándose doutra convocatoria de axudas da propia Deputación. O prazo para solicitar estas axudas para a creación, o mantemento ou o reforzo de SNL finaliza o 12 de marzo.
Bases da convocatoria, en .pdf (BOP do 8 de marzo de 2021)
Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 5 de marzo de 2021)
ADDENDA
Resolución das convocatorias, en .pdf (BOP do 11 de agosto de 2021; inclúe tamén a resolución das axudas para a creación, mantemento e reforzo de SNL nas entidades locais)
A Deputación de Pontevedra convoca axudas para actividades de dinamización da lingua en 2021
A Deputación Provincial de Pontevedra convoca axudas para realizar actividades de dinamización da lingua galega durante 2021 dirixidas a entidades sen fins de lucro e concellos de menos de 50.000 habitantes. O prazo para solicitar estas axudas está aberto até o 15 de abril.