Logo da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra convoca axudas dirixidas aos concellos para actividades de promoción da lingua

A Deputación Provincial de Pontevedra publicou as bases e o extracto destas subvencións no BOP do 6 de marzo de 2025. O prazo para presentar solicitudes é dun mes.

A Deputación Provincial de Pontevedra publicou nos BOP do 6 de marzo a convocatoria de axudas para realizar actividades de dinamización da lingua galega durante 2025 dirixidas a concellos de menos de 50.000 habitantes. O prazo está aberto até o 7 de abril.

Obxecto desta convocatoria

Actividades que se realicen  entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025 das seguintes características:

  1. Fomento do uso e prestixio da lingua galega a través de programas de normalización e dinamización lingüística:
    • Certames literarios e xornalísticos que promovan a creación en lingua galega nos rangos de idade onde o galego ten menos uso e prestixio.
    • Actividades de creación que permitan asociar a lingua galega a valores positivos: modernidade, lecer, novas tecnoloxías, videoxogos.
    • Proxectos de creación artística nos ámbitos audiovisual, dos podcasts, dos videoxogos, literario, musical e da banda deseñada, especialmente dirixida á infancia e á mocidade.
    • Xornadas e eventos que promovan a creación en lingua galega.
  2. Sociolingüística e toponimia:
    • Estudos e publicacións sobre sociolingüística.
    • Xornadas e publicacións de recuperación da toponimia.
  3. Fomento do emprego do galego no comercio e na industria.
  4. Campañas para a dinamización, o uso e o prestixio da lingua galega no ámbito comercial e socioeconómico.
  5. Recoñecementos e distincións:
    • Accións que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que transmitan valores positivos asociados á lingua galega a través do seu uso e defensa.
    • Calquera outra actividade ou programa de actividades cuxo obxectivo sexa fomentar o uso do idioma galego entre a poboación, nomeadamente entre a infancia e a mocidade.
  6. Fomento do emprego do idioma galego:
    • Actividades de captación de neofalantes.
    • Actividades de dinamización e normalización da lingua galega que fomenten o emprego activo da lingua, a socialización en galego e que o asocien con valores positivos (modernidade, prestixio, lecer, diversión), especialmente dirixidas á infancia e á mocidade.

Entidades destinatarias

Concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes

Orzamento

150.000 euros

Solicitudes

Presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra, no procedemento SIA 2329331.

Prazos

  • Para solicitar as axudas: do 7 de marzo até o 7 de abril de 2025, por ser inhábil o 6 de abril.
  • Para xustificar as axudas: até o 28 de febreiro de 2026

Valoración das candidaturas

Na base décimo terceira recóllense os criterios de valoración das candidaturas, entre as que están as seguintes:

  • o ámbito xeográfico,
  • o orzamento,
  • a porcentaxe de financiamento que se solicita,
  • que sexa un programa dirixido a un ámbito estratéxico (socioeconómico, educación, familia, mocidade, lecer e novas tecnoloxías),
  • que sexa un programa que se desenvolva en rede ou en colaboración con outras entidades,
  • o grao de consolidación e sensibilización lingüística do concello, onde que se valora dispoñer dun SNL, a súa antigüidade ou crealo durante o ano en curso, entre outros aspectos.

Os concellos da provincia de Pontevedra poden dotarse de servizo de normalización lingüística beneficiándose doutra convocatoria de axudas da propia Deputación. O prazo para solicitar estas axudas para a creación, o mantemento ou o reforzo de SNL finaliza o 11 de marzo

Información destacada

Información detallada

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio