Logo da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra anuncia a convocatoria de dúas prazas no ámbito da tradución

As prazas están incluídas na oferta de emprego público de 2026, corresponden á subescala técnica e subgrupo A2 e cubriranse mediante oposición libre. Prazo: 20 días naturais a partir do 26 de xuño.

A Deputación Provincial de Pontevedra publicou no BOP do 8 de xuño a convocatoria de diversas prazas incluídas nas ofertas de emprego público de 2024, 2025 e 2026. Entre elas están unha praza de técnico/a medio/a de tradución, subgrupo A2, reservada a persoas con discapacidade (OEP 2026) e outra de tradutor/a en lingua galega, subgrupo A2 (OEP 2026).

1) Praza de técnico/a medio/a de tradución

Esta praza está encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a e integrada no subgrupo A2, reservada a persoas con discapacidade.

Requisitos

Ademais das condicións sinaladas na base cuarta das bases xerais, as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

  • Estar en posesión do título de grao, licenciatura ou ter finalizados os tres primeiros cursos da licenciatura en filoloxía, en tradución, interpretación e linguas aplicadas ou equivalentes, ou estar en condicións de obtelo o día en que remate o prazo de presentación de instancias.
  • Acreditar unha discapacidade igual ou superior ao 33 %.

Sistema de selección

O sistema de selección será a oposición libre, reservada a persoas con discapacidade, que incluirá catro exercicios:

  1. O primeiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en contestar por escrito un test de 80 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do programa. O tempo para a realización deste exercicio será de 80 minutos.
  2. O segundo exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en desenvolver por escrito dous temas, que serán extraídos ao chou polo tribunal, un de cada unha das partes específicas do programa, durante un período máximo de tres horas. Posteriormente, as persoas aspirantes serán convocadas polo tribunal para proceder á súa lectura pública.
  3. O terceiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá na resolución do suposto práctico que determine o tribunal, relacionado coas materias contidas na parte específica do programa e durante un tempo máximo de tres horas. Neste exercicio valoraranse a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos presentados. Posteriormente, as persoas aspirantes serán convocadas polo tribunal para proceder á súa lectura pública.
  4. O cuarto exercicio, de carácter obrigatorio e non eliminatorio, consistirá na tradución directa ao idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.

Dereitos de exame

De acordo coa base xeral novena, os dereitos de exame son 20 euros, por tratarse dunha praza integrada no subgrupo A2.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE. Este anuncio publicouse no BOE do 25 de xuño de 2026.

2) Praza de tradutor/a en lingua galega

Esta praza está encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a e integrada no subgrupo A2.

Requisitos

Ademais das condicións sinaladas na base cuarta das bases xerais, as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

  • Estar en posesión do título de licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Galega e Española, en Lingua e Literatura Galegas, tradución con especialidade en galego ou equivalentes, ou estar en condicións de obtelo, o día en que remate o prazo de presentación de instancias. No caso de titulacións equivalentes deberá xustificarse co certificado expedido polo organismo competente para establecelas ou coa lexislación que recolla de forma expresa esa equivalencia.

Sistema de selección

O sistema de selección será a oposición libre, que incluirá tamén catro exercicios:

  1. O primeiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en contestar por escrito un test de 80 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do programa. O tempo para a realización deste exercicio será de 80 minutos.
  2. O segundo exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en desenvolver por escrito dous temas, que serán extraídos ao chou polo tribunal, un de cada unha das partes específicas do programa, durante un período máximo de tres horas. Posteriormente, as persoas aspirantes serán convocadas polo tribunal para proceder á súa lectura pública.
  3. O terceiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá na resolución do suposto práctico que determine o tribunal, relacionado coas materias contidas na parte específica do programa e durante un tempo máximo de tres horas. Neste exercicio valoraranse a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos presentados. Posteriormente, as persoas aspirantes serán convocadas polo tribunal para proceder á súa lectura pública.
  4. O cuarto exercicio, de carácter obrigatorio e non eliminatorio, consistirá na tradución directa ao idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.

Dereitos de exame

De acordo coa base xeral novena, os dereitos de exame son 20 euros, por tratarse dunha praza integrada no subgrupo A2.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE. Este anuncio publicouse no BOE do 25 de xuño de 2026.

Información detallada sobre ambos os procesos e temarios

Nas bases xerais e nas bases específicas de cada praza poden consultarse máis detalles sobre ambos os procesos, incluídos os temarios xerais e específicos. Tamén se pode consultar toda a información no web da Deputación Provincial de Pontevedra. A publicación da convocatoria no BOE do 25 de xuño marca a apertura do prazo de presentación de solicitudes: 20 días naturais desde o 26 de xuño.

Principal información común ás dúas prazas

  1. Obxecto da convocatoria: dúas prazas do ámbito da tradución, unha delas reservada a persoas con discapacidade
  2. Características: prazas encadradas na escala da Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a e integrada no subgrupo A2
  3. Provisión: oposición libre
  4. Exercicios da oposición:
    • cuestionario tipo test de 80 preguntas
    • desenvolvemento de dous temas do temario específico
    • caso práctico sobre o temario específico
    • tradución
  5. Dereitos de exame: 20 euros
  6. Prazo para presentar solicitudes: 20 días naturais logo da publicación da convocatoria no BOE do 25 de xuño de 2026.

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio