A Deputación de Lugo convoca unha praza de licenciado/a en Lingua Galega para prestar servizos no Departamento de Normalización Lingüística

A Deputación de Lugo convoca unha praza, na modalidade de funcionario interino, de licenciado/a en Lingua Galega adscrito á Área de Cultura, Deportes, Ensino, PHA e Normalización Lingüística para prestar servizos no Departamento de Normalización Lingüística.

REQUISITOS



  • a) Ser español/a ou nacional da U.E dentro dos límites que establece o artigo 57 do EBEP


  • b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder de 65 anos.


  • c) Estar en posesión da titulación esixida (licenciatura en Filoloxía Galega), ou en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de instancias.


  • d) Acreditar a capacidade funcional para desempeñar as funcións propias do posto.


  • e) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas


  • f) Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade que determine a lexislación vixente.


  • g) Acreditar que non se realizan outras actividades, públicas ou privadas, que sexan incompatibles coa prestación de servizos.




PRAZO DE PRESENTACIÓN

10 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (9 de outubro).

SISTEMA DE SELECCIÓN

O sistema de selección é o concurso-oposición libre. Na fase de concurso haberá as probas seguintes:



  • Unha proba de coñecementos xerais e outra proba de coñecementos específicos


  • Unha proba práctica


  • Unha proba de tradución castelán-galego ou galego-castelán




Na fase de concurso valoraranse os méritos seguintes:



  • Experiencia profesional, até 5 puntos


  • Titulacións académicas, até 1 punto


  • Cursos, estudos, xornadas relacionadas coas funcións do posto, até 4 puntos


  • Publicacións: valoraranse a criterio do tribunal


  • Galego (linguaxe administrativa…), até 1 punto


  • Idiomas, até 1 punto


  • Superación de exercicios, até 1 punto


  • Entrevista, até 3 puntoa




Podes consultar as bases completas nesta ligazón.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio