logo Deputación Provincial de Lugo

Proceso para elaborar unha listaxe de contratación de TNL na Deputación de Lugo

A Deputación Provincial de Lugo convoca un proceso selectivo para crear unha listaxe de contratación temporal de técnico/a de normalización lingüística. A modalidade de selección é un concurso-oposición e o prazo para presentar solicitudes é de 10 días naturais.

A Deputación Provincial de Lugo publicou no BOP do 27 de xaneiro de 2025 as bases específicas do proceso selectivo para crear unha listaxe de contratación temporal de técnico/a de normalización lingüística.

CARACTERÍSTICAS DA PRAZA

Crearase unha listaxe de emprego temporal de técnico/a de normalización lingüística do grupo A, subgrupo A1, co fin de xestionar de xeito áxil as necesidades deste tipo de persoal na Deputación Provincial de Lugo e poder efectuar nomeamentos ou contratacións de persoal interino.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Licenciatura en Filoloxía Galega; licenciatura en Filoloxía Hispánica (con habilitación de galego); licenciatura en Filosofía e Letras (sección Filoloxía hispánica, subsección galego-portugués); grao universitario en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios (galego e español); grao universitario de Estudos de Galego e Español; grao universitario en Galego e Portugués: estudos lingüísticos e literarios; ou grao universitario en Lingua e Literatura Galegas.

NIVEL DE GALEGO

Celga 5

SISTEMA DE SELECCIÓN

De acordo coas bases xerais, o sistema de selección será o concurso-oposición. Realizarase en primeiro lugar a oposición e só concorrerán á fase de concurso as persoas que superen esta primeira fase.

Fase de oposición

Abranguerá as seguintes probas:

Proba de coñecementos xerais e específicos, que é obrigatoria e eliminatoria. Esta proba terá carácter teórico e a súa finalidade é que os aspirantes poidan amosar os seus coñecementos sobre as materias comúns e as materias específicas contidas no programa incluído nas bases específicas. A proba poderá consistir, segundo determine o tribunal, en:

Opción 1: a) exame tipo test sobre os temas incluídos no apartado de materias comúns do programa sinalado nas bases específicas; b) exposición por escrito dun tema, das materias específicas do programa contido nas bases específicas.

Opción 2: exercicio tipo test que abarque a totalidade do programa (materias comúns e específicas).

Esta proba cualificarase ata un máximo de 20 puntos e a puntuación mínima para superala será de 10 puntos.

Proba práctica, tamén obrigatoria e eliminatoria. Consistirá na realización dun suposto práctico relacionado coas materias específicas do programa que permita valorar a aplicación dos coñecementos teóricos e capacidades das persoas aspirantes, coñecer as súas habilidades e destrezas e a capacidade de análise.

Esta proba cualificarase ata un máximo de 20 puntos e a puntuación mínima para superala será de 10 puntos.

Proba de galego, en caso de que non se acredite o nivel de coñecemento requirido nas bases específicas, neste caso, Celga 5.

Fase de concurso

Consistirá nun baremo de méritos e nunha entrevista curricular. Nos méritos terase en conta a experiencia laboral, a formación e a superación de exercicios noutros procesos.

PRAZO

O prazo de para presentar solicitudes é de 10 días naturais desde o seguinte á publicación da convocatoria no BOP, é dicir, o prazo finaliza o 6 de febreiro.

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio