A Deputación da Coruña pon en perigo a continuidade dos servizos de normalización lingüística reducindo o seu apoio á cuarta parte

Coa aprobación dos seus orzamentos e cunha comunicación que lles enviaron aos concellos, a Deputación da Coruña pon en perigo a continuidade de moitos dos 40 servizos de normalización lingüística (SNL) existentes na provincia, xa que reduce a súa colaboración á cuarta parte

Este venres 16 de decembro o pleno da Deputación aprobou os seus orzamentos para 2012, e neles, a partida destinada á normalización lingüística nos concellos baixa até os 190.000 euros, o que supón un 63% menos con respecto aos 510.480 euros orzamentados en cada anualidade de 2009, 2010 e 2011.

Ao mesmo tempo, os concellos da provincia con SNL recibiron unha comunicación [.pdf] na que se sinala que en 2012 a axuda que poderán recibir os concellos será de 3.000 euros, cando até agora era de 12.000, o que supón reducir a colaboración á cuarta parte. Ademais, só colaborará cos concellos de máis de 7.000 habitantes.

EN PERIGO MOITOS DOS 40 SNL EXISTENTES NA PROVINCIA

Con estes brutais e inxustificados descensos, o goberno da Deputación da Coruña afoga os servizos de normalización lingüística (SNL) e pon en grave perigo a continuidade de moitos deles, sobre todo tendo en conta tamén a escasa cantidade que a Xunta de Galicia lle dedica a este concepto nos seus orzamentos de 2012, que é de 520.000 para todos os concellos do país e para dúas anualidades, 2011 e 2012.

A CTNL PÍDELLES A XUNTA E DEPUTACIÓN QUE RECTIFIQUEN

Por estas razóns, desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), pedímoslle tanto á Xunta como á Deputación da Coruña que rectifiquen, que cumpran coa súa obriga legal e responsabilidade social de promover o proceso de normalización lingüística desde os concellos e que, polo tanto, apoien con suficientes recursos a continuidade dos servizos de normalización lingüística, en vez de traballaren de xeito gravemente irresponsábel pola súa desaparición.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio