A Deputación da Coruña distribúe un caderno de orientacións para unha linguaxe administrativa non sexista

A Deputación da Coruña, desde o seu departamento de Servizos Sociais, distribuíu nos concellos da provincia un caderno de orientación para un uso non sexista da linguaxe administrativa galega. Pode consultarse tamén na rede

Caderno de orientación sobre a linguaxe administrativa neutra é o nome do caderno que a Deputación da Coruña, desde o seu departamento de Servizos Sociais, distribuíu nos concellos da provincia.

Segundo a entidade provincial, “este documento, pretende ser unha ferramenta básica, clara e concisa dirixido ao persoal da Deputación da Coruña e persoal dos concellos, que conten con suxestións, recomendacións e orientacións de como podemos mellorar a nosa comunicación oral e escrita no noso traballo profesional na administración pública e por ende na nosa vida persoal, familiar e social e sensibilizar sobre os cambios que está a percibir a sociedade actual”.

Pode baixarse en .pdf aquí >
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio