A Deputación Provincial da Coruña publicou no BOP do 21 de abril de 2025 as bases dun proceso selectivo para crear unha listaxe de contratación temporal de técnico/a de normalización lingüística.
Características da praza
Crearase unha listaxe de emprego temporal de técnico/a de normalización lingüística do grupo A1, escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as superiores, cando por razóns de necesidade e urxencia sexa preciso o nomeamento de persoal interino, de acordo coas circunstancias recollidas para estes supostos na lexislación vixente.
Requisitos de titulación
Grao ou licenciatura en filoloxía hispánica, especialidade: galego ou equivalente.
Forma de selección
As probas selectivas constarán dos seguintes exercicios de carácter obrigatorio e eliminatorio:
Primeiro exercicio: consistirá na contestación dun cuestionario de 50 preguntas con 3 respostas alternativas, e outras 5 preguntas de reserva sobre os temas das partes xeral e específica do temario. Duración da proba: hora e media. A puntuación será de 00,00 ata 15,00 puntos, sendo necesario para aprobar obter un mínimo de 07,50 puntos. Cada pregunta correcta obterá unha puntuación de 0,30 e cada pregunta incorrecta descontará 0,10 puntos. As preguntas non contestadas non descontarán.
Segundo exercicio: consistirá na resolución dun ou dous supostos prácticos relacionados coas materias do programa, nun tempo máximo de dúas horas. A puntuación será de 00,00 ata 15,00 puntos, sendo necesario para aprobar obter un mínimo de 07,50 puntos.
Solicitudes e prazo
As persoas aspirantes deberán presentar a súa solicitude de forma telemática a través da sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña, no Portal de Emprego Público CONVOCA, accesible na ligazón https://dacoruna.convoca.online.
A solicitude debe ir acompañada de:
- DNI/NIE ou documento fidedigno en vigor que acredite a identidade e nacionalidade da persoa candidata, salvo que autorice a súa consulta á administración competente.
- Titulación requirida, en caso de non autorizar a consulta telemática á administración competente.
- Se for o caso, certificado de discapacidade en grao igual ou superior ao 33 por cento emitido polo órgano competente.
Ademais, de acordo co previsto na Ordenanza fiscal número 3 da Deputación provincial da Coruña, reguladora da taxa por dereitos de exame:
- Documento acreditativo do pago da taxa correspondente (por importe de 10 euros).
- No caso de exención ou redución do pago da taxa, a documentación xustificativa da condición de membro de familia numerosa de carácter especial ou xeral, salvo que se autorice a correspondente consulta telemática.
O prazo de para presentar solicitudes é de 20 días naturais desde o seguinte á publicación da convocatoria no BOP, é dicir, o prazo finaliza o 12 de maio por ser inhábil o 11 de maio.
Dereitos de exame
Para inscribirse neste proceso selectivo é necesario pagar unha taxa por dereitos de exame de 10 euros.
O pago da taxa poderase realizar de xeito telemático na Oficina Virtual tributaria da Deputación provincial da Coruña ou de xeito presencial nas distintas entidades colaboradoras que figuran no impreso de autoliquidación.
Prazo deste procedemento selectivo
Do 22 de abril ao 12 de maio (20 días naturais)
Sistema de selección
- Cuestionario con 50 preguntas
- Resolución de casos prácticos
Información máis detallada
- Bases da convocatoria publicadas no BOP, en .pdf (BOP do 21 de abril de 2025)
- Información na plataforma Convoca da Deputación Provincial da Coruña