Este Xogo da Curuxa súmase aos dous anteriores que a AS-PG puxo ao dispor dos/as usuarios/as, o Trivial.gz e o Letrad@s.gz.
O Xogo da Curuxa consiste en lanzar o dado e ir movendo a ficha ao longo dun taboleiro virtual en espiral formado por diferentes cadros. Algunhas desas casas teñen asociadas accións especiais como bonificacións ou castigos. A diferenza do xogo de mesa, cando o xogador ou a xogadora cae nun cadro terá que superar unha proba.
Para gañar a partida é preciso chegar até o último cadro e superar a súa proba. Dende a AS-PG confían en mellorar esta versión monousuario/a de cara a que, a comezos do verán, se poida participar na versión final, de varios xogadores/as.
Aquí tes os tres xogos:
Trivial.gz
Letrad@s.gz
Xogo da Curuxa
A Curuxa, un novo xogo en rede de preguntas e respostas en galego
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) acaba de poñer en rede un novo xogo. Trátase do Xogo da Curuxa, un divertimento baseado no Xogo da Oca e que, polo momento, permite practicar partidas individuais de preguntas e respostas en galego, mais axiña será tamén multixogador/a a través da rede.