A CTNL solicítalle ao Concello de Vigo a modificación das bases da bolsa de emprego para TNL

A CTNL dirixiuse ao Concello de Vigo para solicitarlle a modificación das bases que regulan a creación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de técnicos/as de normalización lingüística. A petición da CTNL consiste na modificación do grupo de contratación, que debe ser A1.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 5 de xullo de 2017, o Concello de Vigo publicou as bases reitoras e convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego que permita os nomeamentos interinos de técnicos/as de normalización lingüística. Mais nas bases especifícase que a contratación será no subgrupo A2 e denomínanse as prazas como técnico medio de normalización lingüística.

Por este motivo, o pasado 14 de xullo a CTNL dirixiu un escrito ao Concello de Vigo para solicitar que se modifiquen estas bases do seguinte xeito:

1. Que se estableza que a bolsa de emprego sexa para o nomeamento interino de técnicos/as de normalización lingüística, subgrupo A1 da función pública.

2. Consecuentemente, que na base II.e) se fixe como requisito dos/das aspirantes a titulación de grao ou de licenciatura.

Xustificáronse estas peticións con varios argumentos:

– Debido ás funcións que se teñen que desenvolver e aos coñecementos e capacidades necesarias, as prazas de TNL deben ser do subgrupo A1 (anexouse unha proposta de funcións elaborada pola CTNL para o Encontro de Política Lingüística Municipal que tivo lugar en Santiago de Compostela o 16 de novembro de 2015).

– Nas convocatorias de axudas que a Xunta de Galicia destina á creación e mantemento de servizos de normalización lingüística recóllese que o persoal técnico debe estar integrado no grupo I de cotización do réxime xeral da Seguridade Social e requírense como titulacións necesarias grao ou licenciatura equivalente.



Solicitude da CTNL, en .pdf


Anexo á solicitude, en .pdf.

ADDENDA

Acordo da Xunta de Goberno Local en relación con este escrito, publicado no BOP do 12 de setembro.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio