A CTNL solicita ao Concello de Nigrán a cobertura da súa praza de TNL

A CTNL dirixiuse ao Concello de Nigrán para solicitarlle a cobertura da praza de técnico/a de normalización lingüística para que continúe funcionando o SNL creado o pasado mes de novembro.



Tras un proceso selectivo convocado o pasado mes de agosto, en novembro comezou unha nova etapa de funcionamento do servizo de normalización lingüística de Nigrán, creado ao abeiro das axudas da Deputación Provincial de Pontevedra de 2018.

Con todo, por mor dunha ausencia prolongada da persoa contratada, o posto de técnica de normalización lingüística nestes momentos está vacante.

Dado que as bases do proceso selectivo prevén que as suplencias se cubran de acordo coa orde de puntuación dos aspirantes, e ademais hai ata tres suplentes co proceso superado, solicitamos cubrir a praza durante a ausencia da titular para que o servizo de normalización lingüística continúe activo.

Escrito dirixido ao Concello de Nigrán, en .pdf
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio