A CTNL solicita ao Concello da Estrada a continuación do proceso selectivo para a praza de TNL

Tras máis de sete meses co proceso selectivo paralizado, a CTNL dirixiu un escrito ao Concello da Estrada para solicitar que se retome e se resolva o máis axiña posible o proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico/a de normalización da lingua (TNL).

O 18 de setembro de 2015 o Concello da Estrada anunciou no seu web a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. A noticia nese momento era esperanzadora, pois a contratación da persoa seleccionada estaba prevista ata a reincorporación do titular da praza. Desta maneira, podía dárselle continuidade e estabilidade ao labor técnico de normalización da lingua no concello estradense.

O 5 de outubro de 2015 publicouse a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as. Desde esta data, non se produciu ningún outro trámite, nin sequera a publicación definitiva de admitidos/as e excluídos/as, o que supón case oito meses de paralización do proceso selectivo.

Varios/as candidatos/as comunicáronlle á CTNL que, a pesar de pedir información sobre os motivos desta demora, non recibiron ningunha aclaración nin explicación.

A CTNL lamenta a paralización do proceso, pois supón prexuízos para o concello, tanto económicos (imposibilidade de concorrer ás axudas da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia para o mantemento de SNL) como técnicos (ausencia dun servizo de normalización lingüística que planifique, deseñe, xestione e avalíe accións de dinamización lingüística, entre outras funcións).



Convocatoria do proceso selectivo, en .pdf


Solicitude da CTNL, en .pdf

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio